Blogia
vgomez

AS LIBÉLULAS MÁIS BONITAS DO MUNDO VI

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as libélulas, insectos fascinantes que, polas súas rechamantes cores e a súa elegancia ao voar, resultan atractivos para moitas persoas. Dentro deste fascinante grupo que son os odonatos existen dous subórdenes: Anisoptera (libélulas) e Zygoptera (cabaliños do diaño).

11.  Lindenia tetraphila

 

Lindenia tetraphila / Dûrzan cîrano/Wikicommons

Esta é unha libélula moi rechamante de gran lonxitude (entre 7 e 8 centímetros) que ten tendencias migratorias. A súa distribución é descontinua: desde o centro de Asia pasando por Oriente Medio e ata a conca mediterránea.

12. Cordulegaster boltonii

Cordulegaster boltonii / Alun Williams333/Wikicommons

Libélula tigre. Esta especie europea recoñécese moi ben polas súas franxas amarelas e negras. Habita en arroios e ríos de montaña con augas transparentes e ben osixenadas.

Continuará...

FONTE: (Gran parte da información sobre as libélulas e cabaliños do diaño deste artigo obtívose da Guía de Campo das Libélulas de España e Europa de Edicións Omega) / Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios