Blogia
vgomez

COMPETICIÓN DE MACHOS BAIXO A AUGA NAS CIES

 

Natureza en estado puro. O espazo de maior protección de Galicia, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, atesoura escenas que son auténticas xoias e que teñen lugar baixo as augas.

Unha delas é a curiosa loita na que se enfrascan os machos sepias, chocos ou xibas, para conquistar a unha femia e fecundarla. Os machos solitarios mesmo interrompen a parellas que parecían xa formalizadas. É un episodio que se produce no inverno, coincidindo coa época que dedican estes cefalópodos á reprodución sexual.

O episodio foi filmado polo documentalista José Irisarri e o biólogo mariño Álvaro Roura nunha inmersión de dúas horas e media no Borrón, un baixo do arquipélago das Cíes situado fronte á praia de Rodas.

As sepias empezan a reproducirse a finais de outono, no último cuarto do seu ciclo vital de aproximadamente un ano. Forman parellas estables e os machos protexen ás femias,  e vixían que outros machos solitarios non lle arrebaten á súa parella.

Aparéanse periodicamente. Tras cada copula a femia pon uns 500 ovos, un cada 3,5 minutos. Unha femia pode chegar a poñer ata 3.000 ovos durante o período reprodutor que dura uns tres meses. Tras ese período as sepias entran na fase vital de senescencia e morren.

A principios do inverno os machos solitarios vólvense moi agresivos para buscar unha parella, e enfróntanse aos machos que xa teñen parella para quitarlles á súa femia. Cando conquistan unha femia aparéanse inmediatamente con ela. Primeiro extraen o esperma do macho anterior e logo a fecundan co esperma propio.

Así garanten a súa propia descendencia!

FONTE: Alejandra Pascual/lavozdegalicia.es

0 comentarios