ANIMAIS EXTINTOS IV
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos do leopardo nebuloso de Formosa, hoxe tócalle o turno á...
4. Pomba migratoria
A pomba migratoria (Ectopistes migratorius) era unha das aves máis espectaculares do mundo. Podía alcanzar velocidades de case 100 quilómetros por hora. No apoxeo da súa poboación, sumaban ata cinco mil millóns, o que os converte na especie de ave máis poboada do planeta (as súas bandadas eran impresionantes). Por desgraza, coa chegada dos europeos, decenas de millóns eran sacrificadas cada ano. Cazáronas a escala industrial para obter carne barata, ata que a última pomba salvaxe migratoria foi vista en 1901. O zoológico de Cincinnati era o fogar da última ave en catividade, Martha, que morreu o 1 de setembro de 1914.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios