Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A INDIA? XVII

Continúo coa serie adicada á India, ese país alucinante da Ásia meridional.

A contestación correcta á pregunta de onte é Thar. O deserto de Thar, tamén coñecido como o gran deserto indio, é unha extensa rexión de deserto arenoso situada ao noroeste de India e ao leste de Paquistán. Este deserto limita ao noroeste co río Sutlej, ao leste coa cordilleira Aravalli, ao sur co pantano de auga salgada coñecido como Rann de Kutch e ao oeste coa chaira do río Sind (ou Ιndo). Situado principalmente no estado de Rāyasthān, na India, o deserto de Thar ten unha lonxitude de ao redor de 805 km e unha anchura de 485 km aproximadamente. O terreo fórmano outeiros de area onduladas, entre as que hai vexetación dispersa e elevacións rochosas.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Das seguintes afirmacións cales son V (verdadeiras) ou F (falsas):

- Ese punto vermello que levan na fronte tanto mulleres como homes, chámase bindi (nas mulleres) e tilaka (nos homes).

- O traxe típico hindú dos homes chámase Sari e o das mulleres Dhoti.

- A vaca é o animal sagrado da India.

- Igual que ocorre na cultura occidental, o movemento xestual que se utiliza para a negación é movendo a cabeza de lado a lado.

- Os Sadhus son monxes que seguen a súa vida polo camiño da austeridade para obter a iluminación e a felicidade.

- O deporte rei, e case único, é o Criquet.

- É o mesmo dicir hindú que indio.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.orgsaoviajes.es       Imaxe: ishtarshorizons.com e significados.com.br

0 comentarios