Blogia
vgomez

A SEGUNDA OPORTUNIDADE: ESPECIES QUE DEVOLVEMOS Á NATUREZA

O ritmo actual de extinción de especies multiplica por centos o dos últimos 10 millóns de anos, e isto debido a unha única causa: nós. Os humanos somos responsables dunha acelerada perda de biodiversidade que se asimila a unha sexta extinción masiva. Innumerables especies extínguense antes mesmo de que cheguemos a saber que existen; un estudo cifrou estes casos no 59% de todas as extincións.

En ocasións máis afortunadas, os científicos detectan o inminente risco de extinción e recollen exemplares para criar a especie en catividade. Ás veces o esforzo é inútil, e a especie extínguese baixo o noso coidado. Outras, polo momento, aínda sobreviven. Pero o caso máis esperanzador é o daquelas que rescatamos da extinción e devolto á natureza —12 especies desde 1950—, demostrando o éxito dos programas de cría e reintroducción. Repasamos aquí algunhas delas.

BBVA-OpenMind-Yanes-Especies que hemos devuelto a la naturaleza_1 En 1927 cazadores furtivos mataron al último ejemplar salvaje en el Cáucaso ruso, pero por fortuna existían 54 bisontes en cautividad. Crédito: iStockphoto/ Getty Images

En 1927 cazadores furtivos mataron ao último exemplar salvaxe no Cáucaso ruso, pero por fortuna existían 54 bisontes en catividade / iStockphoto/Getty Images

Bisonte europeo (Bison bonasus)

Houbo un tempo en que varias especies de bisontes estendíanse por Europa. Todas extinguíronse en tempos prehistóricos excepto unha, o bisonte europeo, que logrou sobrevivir ata o século XX nalgúns redutos do leste do continente. En 1927 cazadores furtivos mataron o último exemplar salvaxe no Cáucaso ruso, pero por fortuna existían 54 bisontes en catividade. En 1929 comezou un programa de cría no bosque polaco de Białowieża, e en 1952 comezaron as reintroduccións. Hoxe é un exemplo de éxito: actualmente existen máis de 6.000 exemplares, unha maioría deles en Polonia pero con presenza en máis dunha vintena de países, e a especie considérase “case ameazada”, unha categoría de risco baixo. Introduciuse en reservas mesmo en países onde non existía orixinalmente, como España.

Aínda que suma 2.5000 exemplares a día de hoxe, o cabalo de Przewalski é unha especie que aínda se considera ameazada / Ondrej Prosicky/Alamy Stock Photo

Caballo de Przewalski (Equus ferus przewalskii)

O takhi ou cabalo de Przewalski é un dos casos máis icónicos da reintroducción de especies extintas na natureza. Os científicos aínda non chegaron a un acordo sobre se é unha especie separada ou unha subespecie emparentada co cabalo doméstico, nin sobre se é orixinalmente salvaxe ou descende de animais domesticados hai miles de anos. Antigamente estaba estendido polas estepas de Rusia e Asia central, pero no século XIX comezou a desaparecer, e no XX xa era raro. En 1969 observouse o último exemplar salvaxe en Mongolia; para entón, os programas de cría produciran xa unha pequena poboación cativa a partir de 12 exemplares, 11 deles capturados entre 1899 e 1902, e unha última egua recollida en 1947. Nos anos 90 comezou a reintroducirse en Mongolia. Hoxe están presentes en reservas de varios países e en numerosos zoolóxicos, sumando uns 2.500 exemplares, pero a especie aínda se considera ameazada.

BBVA-OpenMind-Yanes-Especies que hemos devuelto a la naturaleza_3 La destrucción del hábitat, el furtivismo, el envenenamiento con el insecticida DDT y el plomo de la munición en los cadáveres que consumían desplomaron la población del Cóndor de California. Crédito: Weili Li/Moment via Getty Images

A destrución do hábitat, o furtivismo, o envelenamento co insecticida DDT e o chumbo da munición nos cadáveres que consumían esborrallaron a poboación do Cóndor de California / Weili Li/Moment via Getty Images

Cóndor de California (Gymnogyps californianus)

O cóndor de California, a maior ave terrestre de América do Norte, poboaba a costa oeste de EEUU, chegando ata Vancouver (Canadá) ao norte e Baixa California (México) ao sur. No século XX a súa poboación esborrallouse pola destrución do hábitat, o furtivismo e o envelenamento co insecticida DDT e co chumbo da munición nos cadáveres que consumían. En 1987 capturáronse os 22 exemplares sobreviventes e iniciouse un programa de cría en catividade. En 1992 comezaron as reintroduccións. Actualmente hai máis de 500 exemplares, a maioría deles en liberdade, aínda que a especie aínda está críticamente ameazada.

Hoxe algo máis de 1.000 exemplares do Órix de Arabia na natureza, e máis de 6.000 en catividade, descenden de 17 exemplares fundadores / Staffan Widstrand/Corbis Documentary via Getty Images

Órix de Arabia (Oryx leucoryx)

Das catro especies de órix ou órices, o que habita a península de Arabia entrou en declive crítico no século XX. Desde 1972 non se rexistrou ningún exemplar salvaxe, o que levou a declaralo extinto na natureza. Pero nos anos 60 emprendéronse programas de cría en EEUU e Arabia Saudita, que permitiron reintroducirlo en varios países da península, ademais de Israel e Xordania. Hoxe algo máis de 1.000 exemplares na natureza e máis de 6.000 en catividade descenden de 17 exemplares fundadores, e a especie foi a primeira en rebaixar o seu grao de ameaza de “extinta na natureza” a só “vulnerable”. Agora agarda a súa quenda o órix branco ou cimitarra do norte de África (Oryx dammah), extinto na natureza pero que se cría en catividade para a súa reintroducción.

BBVA-OpenMind-Yanes-Especies que hemos devuelto a la naturaleza_5 La Diplotaxis siettiana (en la foto una imagen de la flor del mismo género) es una especie reintroducida que vive en el islote español de Alborán. Crédito: TeunSpaans CC BY 2.5

A Diplotaxis siettiana (na foto unha imaxe da flor do mesmo xénero) é unha especie reintroducida que vive no illote español de Alborán / TeunSpaans CC BY 2.5

Jaramago de Alborán (Diplotaxis siettiana)

Das só 12 especies que desde 1.950 sobrevivían exclusivamente en catividade e foron devoltas con éxito á natureza, unha delas é unha planta con flor que vive no illote español de Alborán, situado no Mediterráneo entre España e Marrocos. O xaramago de Alborán, parente da rúcula e a mostaza, só medraba ao redor do heliporto, pero o costume de regar a contorna con auga de mar para diminuír o po que levantaban os helicópteros, xunto coa introdución de animais domésticos, levaron á súa desaparición en 1974. Por sorte, recolléronse sementes, e en 1.999 se reintroduciron 48 plantas. Aínda que se reproduce, considérase críticamente ameazada debido ao reducido tamaño do seu hábitat, ao que se suma o conflito entre a protección da illa e o seu uso militar.

FONTE: Javier Yanes/bbvaopenmind.com/ciencia/biociencias

0 comentarios