CANTO SABES DE ITALIA? XV
Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1861-1946. O Reino de Italia foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo Estado xurdido tras a unificación nacional italiana (proceso que comezou en 1848) liderada por Víctor Manuel II que se coroou rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Saboya, reinante ata ese momento no Estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana. Tamén foron reis de Italia: Humberto I, que sucedeu a Víctor Manuel II en 1878, Víctor Manuel III, que sucedeu a Humberto I en 1900 e Humbreto II, que sucedeu a Víctor Manuel III en 1943. Por cero este último rei so estivo no trono 33 días, do 9 de maio ao 12 de xuño de 1946.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Cal é o Presidente da República italiana acualmente?
- Giorgia Meloni
- Ignazio La Russa
- Lorenzo Fontana
- Sergio Mattarella
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios