Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DO CORPO HUMANO VII (FIN)

Remato coa serie, que onte comezamos, adicada as curiosidades soprendentes do noso corpo, que nos acompaña a diario, desde que nos levantamos ata que nos deitamos.

Se onte falamos do sistema inmunitario, hoxe falaremos do cerebro.

7. Sistema nervioso

O sistema nervioso ten dous partes principais: O sistema nervioso central está composto polo cerebro e a medula espinal. O sistema nervioso periférico está composto por todos os nervios que se ramifican desde a medula espinal e esténdense a todas as partes do corpo.

Datos:

- Cando nacemos, o noso cerebro pesa uns 350 gramos, chegando a “engordar” ata os 1,4 quilos de media na idade adulta.

- O cerebro ten o aspecto dunha noz xigante e engurrada.

- O cerebro e a medula espinal están rodeados e protexidos polo fluído cerebroespinal.

- Unha persoa ten máis de 80.000 mil millóns de neuronas só no cerebro. Este tipo de células tamén está presente na medula espinal e no sistema dixestivo.

FONTE: Mar Aguilar/Srah Romero/Pedro Gargantilla/muyinteresante.es e universum.unam.mx     Imaxe: ceupe.com

Fin!

0 comentarios