Blogia
vgomez

UNHA NOVA ESPECIE DE DINOSAURO ACOIRAZADO

Holotipo do Vectipelta barretti exposto no Museo Dinosaur / IsleEotyrannu5/Wikimedia e Reconstrución do fósil atopado na illa de Wight / Pond, S. et al. 2023

Levamos centos de anos descubrindo dinosauros na illa de Wight, na costa sur de Inglaterra. A variedade dos fósiles achados vai desde grandes herbívoros de pescozo longo e depredadores como os espinosaurios a pequenos dinosauros e aves rapaces que evolucionaron dos terópodos carnívoros como Tyrannosaurus rex ou Velociraptor.

A estes especímenes hai que sumarlle un novo descubrimento: Vectipelta barretti, un dinosauro acoirazado que viviu Hai 140 millóns de anos.

Os anquilosaurios son un clado diverso de dinosauros caracterizados por ter un corpo ancho, extremidades curtas e o corpo recuberto dunha armadura dérmica desde a cabeza á cola. Acháronse restos fósiles destes animais en todos os continentes, pero, a pesar da cantidade e diversidade de dinosauros atopados na illa de Wight, os acoirazados apenas apareceron, pois ata o de agora só atopáronse restos dunha especie chamada Polacanthus foxii, descuberto a principios de 1865.

Con todo, desde iste ano 2023 xa non é o único anquilosaurio da illa. Stuart Pond, do Museo de Historia Natural de Londres, encabezou un equipo de investigación que se encargou de analizar un fósil nun estudo cuxos resultados publicáronse na revista Journal of Systematic Palaeontology, onde describiron unha nova especie: Vectipelta barretti, que recibiu este nome en honra a Paul Barrett, un dos maiores expertos de dinosauros do mundo, asociado ao museo londinense.“Este é o primeiro anquilosaurio da Illa de Wight nuns 142 anos, que foi cando se describiu oficialmente o último. Foi bastante emocionante. O espécime foi escavado a principios dos anos 90 e finalmente foi ingresado no Museo Dinosaur Isle, que é onde comezamos a traballar nel”.

Vectipelta barretti viviu hai uns 125 millóns de anos, cando o supercontinente Panxea xa se separou en varias illas e a temperatura media do planeta era maior á que temos na actualidade. Este dinosauro habitou un territorio que debeu ter un clima similar ao do Mediterráneo de hoxe día, cunha illa cuberta de bosques húmidos de coníferas e fentos.“Nestes bosques viviría unha ampla gama de animais, desde o insecto máis pequeno ata o dinosauro máis grande. Os cursos de auga albergaban ras, peixes, tartarugas e crocodilos, mentres que pequenos lagartos e mamíferos que andaban polas beiras. Os pterosaurios estarían revoloteando polo aire, mentres grandes dinosauros terópodos depredadores axexaban ás súas presas entre as árbores”.

Este ambiente do Cretácico no que hoxe é a illa de Wight pódese imaxinar e reconstruír grazas ao fabuloso rexistro fósil que se conservou na zona. Segundo explicou Stuart Pond:“A Illa de Wight era en realidade parte dunha chaira aluvial atravesada por un sistema fluvial serpenteante. Lonxe, cara ao norte, ao redor de onde está Cornwall, había unha cadea de montañas que alimentaban todo isto. A chaira aluvial estivo suxeita a incendios forestais ocasionais e tamén a inundacións catastróficas de gran magnitude. Isto significou que periodicamente enormes volumes de auga xurdían a través da paisaxe, arrastrando masas de vexetación e calquera animal desafortunado ata formar charcos de curta duración que se formaban en áreas baixas. Estes leitos de entullos de materia orgánica quedaron cubertos de sedimentos e selaxes durante máis de 140 millóns de anos”.

Un escenario temible para a vida do momento, pero excepcional para a conservación de fósiles ao momento de facer da illa de Wight uno dos mellores lugares do mundo para estudar aos dinosauros.

FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios