Blogia
vgomez

A NENA QUE OBSERVABA AS ESTRELAS E CONQUISTOU A FÍSICA

 

"Non lle digas a ninguén que che gustan a física ou as matemáticas", escoitaba Deborah Berebichez na súa nenez. Ás agachadas buscaba explicacións ao mundo que a rodeaba. E grazas á ciencia di non entender o aburrimento. A científica usa as que chama “lentes da física” para a vida diaria. Detrás dun biscoito ve unha complexa cadea de acontecementos físicos e mesmo se expón que poden ter en común cousas tan dispares como o Sol, o océano e unha orquestra sinfónica: as ondas, segundo a súa mirada. “Para min é tan apaixonante o que sucede aquí fóra de nós, tan incrible, que eu me podo quedar pensando horas”, recoñece a investigadora.

Empuxada por unha contorna que non concibía ás mulleres nas carreiras de ciencias, Berebichez comezou os seus estudos de Filosofía. Pero seguindo o seu propio lema: “Non deixes que ninguén che diga que non podes lograr os teus soños”, acabou estudando Física, a súa paixón. Foi a primeira muller mexicana en obter un doutoramento en Física na prestixiosa Universidade de Stanford. Hoxe, a científica posicionouse como unha das principais figuras desta disciplina no ámbito internacional.

Cun extenso currículo vinculado á ciencia de datos, a computación cuántica e a intelixencia artificial, o traballo de Berebichez destaca tamén nos ámbitos da educación e a divulgación científica, sendo referente e defensora da incorporación das mulleres e as minorías na ciencia. ”O único que non che poden quitar é a educación”, sentenza Berebichez.

0 comentarios