A ORIXE DAS PALABRAS: DOURAR A PÍLULA
Dourar a pílula vén significar cando se describe unha situación na que un individuo tenta obter o favor doutro facéndose o simpático con el ou engatusándolo para obter un beneficio e tamén disimular un dano ou prexuízo; mitigar ou dulcificar dalgún modo unha mala noticia.
Antigamente as medicinas ou os remedios contra as enfermidades do día a día confeccionábanas os chamados boticarios. Na actualidade son desenvoltas por grandes multinacionais farmacéuticas que preparan os fármacos para os cidadáns. Estes boticarios, non só estudaban e buscaban a maneira de curar o mal da persoa que lles pedía unha solución á súa enfermidade, tamén buscaban que o sabor fose bo para a persoa que o tomaba.
Como non existían a cantidade de excipientes que podemos atopar na actualidade, os boticarios facían as mil e unha para mesturar eses remedios con sabores que os fixesen máis comestibles e así atenuar o sabor das pílulas que vendían.
O normal era mergullar as pastillas en concentrados doces que se mesturaban en sabor para que así absorbesen o mellor posible o concentrado doce. Despois secábano a lume lento ata que estes compoñentes doces producían unha capa que envolvía a estes compoñentes máis desagradables para o padal dos pacientes.
Por isto comezou a utilizarse esta expresión de maneira literal porque os boticarios o que facían era dourar a pílula para facela máis comestible.
FONTE E IMAXE: Fernando Burgos/okdiario.com
0 comentarios