Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BRASIL? XIII

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Real. O real ou real brasileiro (R$) é a moeda oficial do Brasil. Logo de numerosos trocos monetarios (réis, cruzeiro, novo cruzeiro, cruzado, novo cruzado, novamente cruzeiro e cruzeiro real), Brasil adoptou o real en 1994. As moedas e os billetes brasileiros son emitidos polo Banco Central do Brasil e realizados pola Casa da Moeda do Brasil. O seu valor con respecto a o euro é: 1 € = 5,1860 R$

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a ave nacional de Brasil?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxe: elmundo.es, foronum.com e es.wikipedia.org

0 comentarios