CANTO SABES DE CANADÁ? X
Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.
A contestación correcta á pregunta de onte é Gran Lago do Oso. Este gran lago localizado no noroeste de Canadá, ten unha superficie é de 31.153 km², é o sétimo maior lago do mundo, o cuarto máis grande de América do Norte e o máis grande enteiramente en Canadá (son máis grandes o lago Superior e o Lago Hurón pero están a ambos os dous lados da fronteira entre Canadá e os Estados Unidos).
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Canadá ten una gran extensión de costa, o que o leva a ser o páis con máis litoral do mundo. Aproximadamente, canto é esa extensión?
- 100.000 Km
- 150.000 km
- 200.000 km
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e traveler.es
0 comentarios