Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: MÁIS CHULO QUE UN OITO!

A ORIXE DAS PALABRAS: MÁIS CHULO QUE UN OITO!

Para poder entender ben esta expresión hai que ter en conta dous conceptos importantes. O primeiro, aos madrileños chamóuselles sempre chulos ou chulapos, gústelle ou non. O segundo, o tranvía número oito. Este tranvía percorría Madrid desde a Porta do Sol, pasando pola rúa Prezados, a Praza de Santo Domingo, e a rúa Leganitos chegando ata San Antonio da Florida.

Esta liña de transporte era a que máis utilizaban os madrileños (chulapos) para ir á festa de San Isidro (15 de maio) e San Antonio (13 de xuño). Así que nestas datas os vagóns excedían de madrileños e madrileñas vestidos cos seus traxes típicos, caravel e mantón incluídos. Os veciños da zona vían pasar os números oito cheo de chulapos e chulapas e acuñaron esta expresión, xa que non podía haber nada máis chulo que un oito.

Esta expresión, moi cotiá, fai referencia a aquelas persoas que van moi arranxados e con roupa nova, por unha banda, e que senten moita seguridade en si mesmos, mostrándose algo chulescos, por outro.

FONTE: traducciones.com    Imaxe: as.com

0 comentarios