EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA
Imos falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.
1. OUTRA VACA NO MILLO
A expresión Outra vaca non millo emprégase para indicar que unha persoa actúa igual de mal que outra ou que un feito ou acción é igual de inconveniente que outro anterior. Equivale a Outro que tal baila ou Eramos poucos e pariu a avoa! (por se xa non houbese cousas malas ata o momento, chega outra máis).
2. CAER DA BURRA
A expresión Caer da burra emprégase cando un decátase do erro no que se estaba. Darse conta, por fin, de algo que non se conseguía entender aínda sendo evidente.
FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es Imaxes: xenera.com e cope.es
Continuará...
0 comentarios