Blogia
vgomez

A HISTORIA DUNHA ÁRBORE QUE SE CONVERTEU NUNHA ESCOLA

William Kikanae é líder masái, director da Asociación ADCAM- Kenya e un home que de neno tivo un soño: levar a escola e a educación á súa comunidade e loitar polos dereitos das mulleres. Cando de pequeno camiñaba 40 quilómetros para chegar e volver do seu colexio, entre elefantes e leóns, expúxose como podería evitar os perigos en tan longos desprazamentos. Anos despois creou a primeira árbore-escola da súa comunidade.

Orixinario dunha familia humilde e sen recursos, aprendeu resiliencia e esforzo da súa nai, que fixo todo o que estivo na súa man para garantir que a súa familia tivese comida e educación. Isto inspiroulle para promover e desenvolver programas de empoderamento das mulleres masái, a través de formación e pequenos negocios que lles garantan independencia económica.

O seu soño segue en marcha con programas de apadriñamento, para que nenos masái con menos recursos teñan acceso á súa escola, e programas de inmersión turística para dar a coñecer a sabedoría ancestral do seu pobo baseada no optimismo, a xenerosidade e o respecto polo medio ambiente.

0 comentarios