Blogia
vgomez

CANTO SABES DE POLONIA? VII

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é 16. A saber..

Os voivodatos (equivalente a provincias) subdivídense en powiats (condados ou comarcas), e estes en gminas (concellos). As cidades principais adoitan ter o status de gmina e powiat á vez. Actualmente Polonia divídese en 16 voivodatos, 379 powiats (incluíndo 65 cidades co status de powiat), e 2.478 gminas.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis alto de Polonia?

- Babia Góra

- Sněžka

- Rysy

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes:es.wikipedia.org e mapasmilhaud.com