CANTO SABES DE COLOMBIA? X
Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
A contestación correcta á pregunta de onte é República. Colombia é unha república unitaria e descentralizada organizada en 32 departamentos e unha capital de distrito. O sistema de goberno colombiano caracterízase por ser presidencialista, do mesmo xeito que o resto de gobernos de rexión. O presidencialismo colombiano xerou unha concentración do poder en mans do ejecutivoque queda reafirmada coa Constitución de 1.991. O presidente da república é o xefe de estado, de goberno e suprema autoridade administrativa tal e como indica a Constitución de 1991 e elíxese por voto directo e secreto de todos os cidadáns do país por un período de catro anos sen posibilidade de ser reelixido.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é o pico máis alto de Colombia?
- Nevado de Huíla
- Ritacuba Blanco
- Cristobal Colón
- Simmonds
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios