CANTO SABES DE KENYA? VII
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1963. Concretamente o 12 de decembro de 1963. A Colonia e Protectorado de Kenya formou parte do Imperio británico en África desde 1920 ata 1963. Estableceuse cando o antigo Protectorado de África Oriental transformouse nunha colonia da coroa británica en 1920. Tecnicamente, a "Colonia de Kenya" referíase ás terras do interior, mentres que unha franxa costeira de 16 km (nominalmente arrendada polo Sultán de Zanzíbar) era o "Protectorado de Kenya" pero as dúas estaban controladas como unha soa unidade administrativa. A colonia chegou ao seu fin en 1963, cando se elixiu por primeira vez a un goberno de maioría negra e finalmente declarouse a súa independencia como Kenya.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Kenya ten ao redor de 35 illas no océano Índico. Cal é a maior illa?
- Wasini
- Lamu
- Mombasa
- Manda
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: freepik.es e es.wikipedia.org
0 comentarios