ENCRUCILLADO CLV
VERTICAIS: 1. Persoa que axuda ao cura nas súas tarefas e se encarga do mantemento da igrexa 2. Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Árzúa, onde se poden ver varias mámoas, entre elas a mámoa do Pinar 3. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinotérreos, brando, dúctil e maleable, de cor branca prateada, que descompón a auga por contacto e de símbolo Sr 6. Planta herbácea perenne da familia das compostas, de follas entre ovais e lanceoladas, talo piloso e flores grandes de cor amarela e de nome científico Arnica montana 7. Arquivo de audio ou multimedia, xeralmente de publicación periódica, que se almacena en liña para facilitar a súa descarga e reprodución por parte dos usuarios.
HORIZONTAIS: 4. Moeda oficial de Nicaragua 5. Capital de Uganda 8. Peixe de auga doce da familia dos silúridos, carnívoro e moi voraz, que pode acadar os tres metros de lonxitude, que presenta apéndices que semellan barbas e de nome científico Silurus glanis 9. Can pequeno, pola súa raza ou por ser aínda un cachorro 10. Peixe da familia dos aterínidos duns dezaseis centímetros de lonxitude, cor verdosa con pintas negras no dorso e abrancazada no ventre, que vive preto da costa formando cardumes e de nome científico Atherina presbyter.
0 comentarios