Blogia
vgomez

CANTO SABES DE KENYA? VIII

Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lamu. Esta illa, a máis grande de Kenya, forma parte do arquipélago de Lamu, no océano Índico. Ten unha extensión de 57 km2 e un perímetro de 35 km.​ A cidade vella de Lamu, é o principal poboado da illa, e un dos máis antigos e mellor conservados dos asentamentos suajili en África oriental.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o maior rió de Kenya?

- Lagh Dera

- Galana

- Tana

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:es.wikipedia.org              Imaxes: losviajeros.com e es.wikipedia.org

0 comentarios