Blogia
vgomez

SOBRE AS FONTES DESTE BLOG (VII): GCiencia

O xornalismo científico é o eixe fundamental de GCiencia (www.gciencia.com), un proxecto nado en 2013 que permitiu comprobar o interese que esperta a investigación cando se trata coa necesaria combinación de rigor e amenidade. 

GCiencia é un auténtico xornal da ciencia, unha ferramenta de divulgación a través do xornalismo de calidade, pero é tamén un diario do medioambiente, do cambio climático, da tecnoloxía, da saúde, da universidade, do mar, da historia e do pensamento. Porque a ciencia é o todo!

Moitas grazas polo voso traballo!

0 comentarios