INVENTOS QUE MATARON AOS SEUS CREADORES III
Continúo coa viaxe por estas fascinantes e tráxicas historias que revelan o perigo que acompaña á procura do progreso, xa que os seus creadores pagaron o prezo máis alto polas súas propias xenialidades, xa que a innovación ás veces chega a consecuencias un tanto imprevistas e, en ocasións, letais.
3. Imprenta rotativa de Bullock
William Bullock (1813-1867) era un inventor estadounidense, pioneiro da imprenta, xa que fixo importantes contribucións á industria da impresión no século XIX coa súa revolucionaria imprenta rotativa. Era toda unha marabilla da enxeñería; o dispositivo era capaz de imprimir miles de páxinas por hora grazas a que incorporaba rolos continuos de papel. A velocidade de impresión non tiña precedentes. Con todo, nunha xornada na que Bullock tentaba axustar a imprenta, a súa perna quedou atrapada na maquinaria, que conduciu, a pesar dos médicos, á aparición de gangrena. Os médicos decidiron amputarlle a perna e Bullock morreu no intento. A súa morte destacou os perigos potenciais da maquinaria industrial e a necesidade de tomar precaucións de seguridade á hora de manipulala. Tiña 53-54 anos e corría o ano 1867.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com e es.wikipedia.org Imaxe: youtube.com
0 comentarios