Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... Pode o mundo quedar sen o osíxeno que respiramos?

A atmosfera terrestre é unha mestura de gases esenciais para a vida, sendo o osíxeno uno dos máis importantes. Representa, aproximadamente, o 21% da composición atmosférica, e a súa presenza é fundamental para a respiración dos seres vivos e para manter o equilibrio de moitos procesos químicos na biosfera.

Calcular a cantidade exacta de osíxeno que hai na atmosfera é como tentar contar todas as estrelas do firmamento, resulta verdadeiramente imposible. E é que a atmosfera non ten un límite definido e, ademais, a cantidade de osíxeno pode variar en diferentes rexións e alturas.

Por outra banda, a cantidade de osíxeno atmosférico non sempre foi a mesma, variou ao longo da historia da Terra. Por exemplo, durante a Gran Oxidación, hai uns 2.400 millóns de anos, a concentración aumentou drasticamente.

Desgraciadamente, actualmente a situación investiuse, actividades humanas como a deforestación e a queima de combustibles fósiles poden influír; á baixa; na cantidade de osíxeno dispoñible.

Hai uns 3.500 millóns de anos o noso planeta era un lugar hostil, cheo de volcáns e sen rastro de vida, polo menos tal e como a coñecemos actualmente. Foi nese momento unhas bacterias oceánicas, as cianobacterias; comezaron a realizar un proceso extraordinariamente incrible: a fotosíntese.

A fotosíntese é un proceso sobradamente coñecido, durante o cal, utilizando a enerxía do Sol determinadas células son capaces de converter o dióxido de carbono e a auga en glicosa e osíxeno.

Ao principio, este osíxeno reaccionaba con outras substancias, pero co tempo, empezou a acumularse na atmosfera, o cal permitiu a biodiversidade do planeta Terra.

Imaxinemos por un momento que o osíxeno é como unha conta bancaria: imos sacando diñeiro (respirando) á vez que alguén ten que estar ao ingresar (producíndoo) para que non quedemos en números vermellos. Ese misterioso banqueiro do osíxeno ten un nome, son as plantas, as algas e as cianobacterias.

Desde hai algún tempo na ecuación do osíxeno da atmosfera incluíuse un invitado non desexado: o quecemento global. Ao queimar combustibles fósiles, estamos a liberar grandes cantidades de dióxido de carbono á atmosfera, o que dificulta que as plantas realicen a fotosíntese e produzan osíxeno. Ademais, o aumento da temperatura está a provocar que os océanos absorban menos dióxido de carbono, o que agrava aínda máis o problema.

Unha diminución significativa nos niveis de osíxeno atmosférico tería consecuencias devastadoras para a vida na Terra. As especies que dependen da respiración aeróbica, incluídos os humanos, enfrontaríanse a serios problemas de supervivencia.

Incluso unha redución moderada na concentración de osíxeno podería afectar a saúde humana, especialmente naquelas persoas que viven en áreas de gran altitude, onde o osíxeno xa é máis escaso.

A solución é clara pero complexa: debemos coidar o noso planeta. É mandatorio reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, plantar máis árbores, protexer os océanos... con estas accións conseguiremos asegurar o futuro do noso planeta.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

0 comentarios