SABÍAS QUE... (OSOS PANDA)
Sabías que os osos panda…
- Os osos panda ou pandas xigantes (Ailuropoda Melanoleuca) son animais endémicos do continente asiático.
- A súa rechamante pelame en branco e negro, combinado cun corpo voluminoso e unha cara redonda, dálle un aspecto cativador.
- Teñen seis dedos, ao presentar un falso polgar, é dicir, un sexto dedo para agarrar mellor as ramas de bambú que comen.
- Son carnívoros. A pesar de que a dieta destes animais é un 90 % bambú (a planta máis abundante de China), os osos panda posúen dentes caninos para desgarrar a carne e sistemas dixestivos preparados para dixerila, o que os converte en carnívoros. É por iso que tamén poden alimentarse de froitos, pequenos mamíferos, peixes e insectos.
- Son animais solitarios, pois os individuos desta especie prefiren pasar a maior parte do tempo en soidade, durmindo ou en áreas de alimentación. De cando en cando hibernan.
- Producen unha gran cantidade de excrementos, chegando a producir máis de 20 quilos ao día. É por iso que as súas feces poden servir como abono ou mesmo para fabricar papel.
- As crías pesan ao nacer de 90 a 130 gramos, e apenas teñen pelo. Os adultos, poden pesar entre 70 e 125 kg e medir ata 1,90 m.
- O período de xestación dura cinco meses e as femias dan a luz dunha a dúas crías totalmente cegas de apenas 140 g de peso. Nacen cunha cor rosada e conforme medran van adquirindo o seu particular coloración.
- A súa vida media é de doce a vinte anos. Cada vinte e cinco anos de vida dun oso panda representa cen anos de vida humana.
- Acadan a súa madurez sexual entre os catro e os sete anos de idade.
- Segundo a Lista Vermella de Especies Ameazadas da UICN, crese que menos de 1900 pandas permanecen en estado salvaxe.
FONTE: muyinteresante.es e gal.wikipedia.org Imaxe: muyinteresante.es
0 comentarios