PREMIO NOBEL QUIMICA 2020
A francesa Emmanuelle Charpentier (1968) e a estadounidense Jennifer Anne Doudna (1964) gañaron o premio Nobel de Química 2020 “polo desenvolvemento dun método para a edición xenómica”, segundo anunciou hoxe a Real Academia de Ciencias Sueca.
Son as creadoras das revolucionarias "tesoiras xenéticas" CRISPR/Cas9, por "reescribir o código da vida". Con estas novas ferramentas, din desde a Real Academia das Ciencias sueca, os investigadores poden cambiar o ADN de animais, plantas e microorganismos cunha precisión extremadamente alta. E o que é máis emocionante, esta tecnoloxía está a contribuír a novas terapias contra o cancro e pode facer realidade o soño de curar enfermidades hereditarias.
FONTE: elpais.es e abc.es
0 comentarios