PREMIO NOBEL QUÍMICA 2025
Omar M. Yaghi, Richard Robson e Susumu Kitagawa
A Real Academia de Ciencias de Suecia concedeu o Premio Nobel de Química ao xaponés Susumu Kitagawa, ao británico Richard Robson e ao zordanoestadounidense Omar Yaghi por desenvolver unha nova arquitectura molecular: as estruturas metalorgánicas. Este avance permite crear materiais que extraen auga do aire no deserto, atrapan dióxido de carbono, almacenan gases tóxicos ou catalizan reaccións químicas, destacou o xurado.
Os tres premiados “atoparon maneiras de crear materiais completamente novos que teñen grandes cavidades no seu interior, e que poden verse case como habitacións nun hotel onde as moléculas convidadas entran e saen do material”, destacou Heiner Linke, presidente do comité Nobel de Química, nunha conferencia de prensa.
Parabéns!
FONTE: Nuño Domínguez/elpais.com
0 comentarios