Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CHILE? III

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é América, Oceanía e Antártica. En América temos o Chile continental e Chile insular (arquipiélago de Juan Fernández e as illas Desventuradas: San Félix e San Ambrosio). En Oceanía temos a illa Salas e Gómez e a illa de Pascua, xeográficamente ubicadas na Polinesia. Finalmente na Antártica temos unha zona, situada entre os meridianos 53°W e 90°W e entre os paralelos 60° e 90°S sobre a cal Chile reclama soberanía, quedando parcialmente superposto ás reclamacións arxentina e británica. Chile, ao ser asinante do Tratado Antártico,​ aceptou a suspensión dos reclamos de soberanía, sen renunciar a eles, e o establecemento dunha zona de conservación para o desenvolvemento científico. Como curiosidade, as costas de  Chile están bañadas por 3 océanos: Pacífico, Atlántico e Antártico.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a bandeira de Chile?

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios