Blogia
vgomez

O papa Francisco: un vendaval social e reformador na Igrexa

Os Bergoglio teñen unha historia de película. Son de Piamonte, no norte de Italia, pero en 1929 decidiron cruzar o océano e empezar unha nova vida en Arxentina. Alí, Mario Bergoglio (contador, empregado en ferrocarril) e María Regina Sívori (ocupábase da casa) formaron a súa familia con cinco fillos: Jorge Mario (O Papa Francisco falecido), Alberto Horacio, Óscar Adrián, Marta Regina e María Elena. Agora, só María Elena segue viva, sendo o último nexo directo coa familia de Francisco.

Jorge Bergoglio naceu na capital arxentina naceu o 17 de decembro de 1936. Diplomouse como técnico químico, e elixiu logo o camiño do sacerdocio entrando no seminario diocesano de Villa Devoto. O 11 de marzo de 1958 pasou ao noviciado da Compañía de Xesús. Completou os estudos de humanidades en Chile e en 1963, ao regresar a Arxentina, licenciouse en filosofía no Colexio San Xosé, de San Miguel. Entre 1964 e 1965 foi profesor de literatura e psicoloxía no Colexio da Inmaculada de Santa Fe e en 1966 ensinou as mesmas materias no Colexio do Salvador en Bos Aires. De 1967 a 1970 estudou teoloxía no Colexio San Xosé, e obtivo a licenciatura.

O 13 de decembro de 1969 recibiu a ordenación sacerdotal de mans do arcebispo Ramón José Castelán. Proseguiu a preparación na Compañía de 1970 a 1971 en Alcalá de Henares (España), e o 22 de abril de 1973 emitiu a profesión perpetua. De novo en Arxentina, foi mestre de novicios en Villa Barilari en San Miguel, profesor na facultade de teoloxía, consultor da provincia da Compañía de Xesús e tamén reitor do Colexio.

O 31 de xullo de 1973 foi elixido provincial dos xesuítas de Arxentina, tarefa que desempeñou durante seis anos. Despois renovou o traballo no campo universitario e entre 1980 e 1986 é de novo reitor do colexio de San Xosé, ademais de párroco en San Miguel. En marzo de 1986 trasládase a Alemaña para ultimar a tese doutoral; posteriormente os superiores envíano ao colexio do Salvador en Buenos Aires e despois á igrexa da Compañía da cidade de Córdoba, como director espiritual e confesor.

É o cardeal Antonio Quarracino quen lle chama como o seu estreito colaborador en Bos Aires. Así, o 20 de maio de 1992 Juan Pablo II noméao bispo titular de Auca e auxiliar de Bos Aires. O 27 de xuño recibe na catedral a ordenación episcopal de mans do purpurado. Como lema elixe Miserando atque eligendo e no escudo inclúe o cristograma ihs, símbolo da Compañía de Xesús.

É nomeado enseguida vicairo episcopal da zona de Flores e o 21 de decembro de 1993 encoméndaselle tamén a tarefa de vicairo xeral da arquidiócese. Por tanto non sorprendeu que o 3 de xuño de 1997 fose promovido como arcebispo coadxutor de Bos Aires. Antes de nove meses, á morte do cardeal Quarracino, sucédelle, o 28 de febreiro de 1998, como arcebispo, primado de Arxentina. O 6 de novembro sucesivo foi nomeado Ordinario para os fieis de rito oriental residentes no país e desprovistos de Ordinario do propio rito.

Tres anos despois, no Consistorio do 21 de febreiro de 2001, Juan Pablo II créao cardeal, asignándolle o título de san Roberto Bellarmino. Nesa ocasión, convida os fieis a non acudir a Roma para celebrar a púrpura e a destinar aos pobres o importe da viaxe. Gran chanceler da Universidade Católica Arxentina, é autor dos libros Meditacións para relixiosos (1982), Reflexións sobre a vida apostólica (1986) e Reflexións de esperanza (1992).

En outubro de 2001 é nomeado relator xeneral adxunto para a décima asemblea xeral ordinaria do Sínodo dos bispos, dedicada ao ministerio episcopal, encargo recibido no último momento en substitución do cardeal Edward Michael Egan, arcebispo de Nova York, de presenza necesaria no seu país por mor dos ataques terroristas do 11 de setembro.

Mentres, en América Latina a súa figura faise cada vez máis popular. A pesar diso, non perde a sobriedade de trato e o estilo de vida rigoroso, por algún definido case «ascético». Con este espírito en 2002 declina o nomeamento como presidente da Conferencia episcopal arxentina, pero tres anos despois é elixido e máis tarde reconfirmado por outro trienio en 2008. Entre tanto, en abril de 2005, participa no conclave no que é elixido Bieito XVI.

Culminada a histórica renuncia papal de Bieito XVI e pechada a sede vacante, deuse comezo o conclave de 2013 no que se considerou a Jorge Bergoglio como un candidato reformista, con idade e capacidade para reformar a curia romana. A pesar diso, non figuraba entre os papables máis soados.​ Pero antes de que se fixese efectiva a súa renuncia, Bieito XVI tivera un xesto cara a Jorge Mario Bergoglio: designárao como membro da Pontificia Comisión para América Latina (CAL), o que se interpretou como unha mensaxe implícita de confianza.

Ás 19:06 do 13 de marzo de 2013, na quinta rolda de votacións do segundo día do conclave, o cardeal Bergoglio foi elixido sucesor de Bieito XVI.

Foi o primeiro papa de procedencia americana, o primeiro que non foi nativo de Europa, Oriente Medio ou o norte de África, e o primeiro procedente do hemisferio sur do mundo. Tamén destaca por ser o primeiro pontífice non europeo desde o ano 741, ano no que faleceu Gregorio III, que era de orixe siria. Ademais, tamén foi o primeiro papa pertencente á Compañía de Xesús.

Escolleu o nome de Francisco como o seu nome pontifical en honra a san Francisco de Asís, un santo italiano que no século XIII fundou a Orde Franciscana e que se caracterizou pola súa entrega aos pobres e a súa humildade extrema.

Francisco escolleu como lema e escudo papais os mesmos que tiña como bispo e cardeal. A súa lema, Miserando atque eligendo (‘Mirouno con misericordia e elixiuno’), provén dunha homilía de san Beda o Venerable.] O escudo ten no seu parte superior o emblema da Compañía de Xesús, é dicir, o símbolo IHS (que é un monograma de Xesús en grego) na súa variante cunha cruz, de gules, e os cravos, de sabre, sobre uns raios solares de ouro. Na parte inferior atópanse unha estrela, símbolo da Virxe María, e unha flor de nardo, que representa a san Xosé, patrón de la Iglesia Universal, tamén de ouro.

As súas enciclicas foron: Lumen fidei (A luz da fe) 2013, Laudato si (Encomiado sexas) 2015, Fratelli tutti (Irmáns todos) 2020 e Dilexit nos (Amounos) 2024.

Ademais do idioma castelán, que é a súa lingua materna, o papa Francisco falaba con fluidez en italiano,​ con coñecementos intermedios de francés e alemán, latín, idioma oficial da Santa Sé, e contaba con coñecementos básicos do inglés.

Faleceu ás 7:35 horas do 21 de abril de 2025 (un día despois do Domingo de Resurrección desa Semana Santa) aos 88 anos na súa residencia da Casa Santa Marta, na Cidade do Vaticano.

Soupo, na medida do posible dentro da Curia Romana, adaptarse ao mundo real, preocupándose polos inmigrantes, pobres, conflitos bélicos, relacións fóra do matrimonio tradicional, saneamento da banca vaticana que estaba na banca rota, darle máis importancia á muller dentro da Igrexa, mellorando as relacións coas outras igrexas e pedindo perdón polos abusos.

Espermos que o próximo Papa siga nesta liña aperturista e reformista.

Papa Francisco, descansa sen paz!

FONTE: vatican.va e es.wikipedia.org  Imaxes: vatican.va e elmanana.com.mx

0 comentarios