Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ASTURIAS? V

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Por ostentar o herdeiro da coroa de Castela e, por extensión, da coroa de España. Recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da coroa de Castela e, por extensión, da coroa de España, o título nobiliario de príncipe de Asturias, establecido por Juan I de Castela no ano 1388.

E imos coa preguta de hoxe!

5. O Principado de Asturias, segundo o seu Estatuto de Autonomía, está considerado como unha comunidade histórica. Como se chama a súa asemblea lexislativa?

- Cortes do Principado

- Xunta Xeral do Principado

- Parlamento do Principado

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios