Blogia
vgomez

León XIV, o primeiro Papa matemático en máis de mil anos: o anterior inventou un ábaco e foi acusado de bruxería

Á esquerda, miniatura de Silvestre II. Á dereita, León XIV. Ambos teñen formación matemática / Wikipedia/Reuters

León XIV (Robert Francis Prevost-Chicago, 14 de setembro de 1.955) é o primeiro Papa estadounidense da Historia e tamén o primeiro matemático en máis de mil anos. Para atopar a outro Santo Padre con esa formación hai que retrotraerse ao ano 999, cando o francés Gerberto de Aurillac  (Auvernia, Francia, c. 945-Roma, 12 de maio do 1.003), foi proclamado bispo de Roma, cargo que ostentou ata a súa morte, en 1.003, co nome de Silvestre II.

Coñecido como o Papa do ano 1.000, inventou un tipo de ábaco e outros enxeños, e influíu na introdución en Europa do sistema decimal islámico e o uso do cero. Con todo, os seus inimigos acusárono de bruxería e de facer pactos co diaño.

Que o novo Papa sexa matemático é moi boa noticia!

0 comentarios