DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (VIII)
Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.
Mito 8: Os lémmings morren en masa cada poucos anos
Este é un mito tan popular que xerou mesmo un videoxogo baseado nel (entretenidísimo, por certo). O lémming é un pequeno roedor que vive nas zonas árticas de Eurasia e do continente americano, cunhas poboacións que tenden a medrar exageradamente cada poucos anos.
Segundo o mito, cando isto sucede, unha gran masa destes animais dirixiríanse disciplinadamente aos cantís e desde eles saltarían ao mar ou aos ríos, nun acto colectivo que actuaría como sistema de autorregulación do aumento de individuos da especie. Un caso verdadeiramente único… se fose verdade.
Pero non o é e a mentira ten un responsable clarísimo: Walt Disney. A historia da inmolación animal apareceu por primeira vez no seu documental de 1958 O inferno branco, no que centos de lémmings parecen lanzarse ao mar desde un cantil. Con todo, está confirmado que é unha secuencia manipulada e que se rodou cun puñado de lemmings obtidos para a ocasión e empuxados discretamente cara ao mar polos propios cineastas. Que nas décadas subseguintes non se conseguiron máis imaxes deste suposto suicidio non fai senón confirmar a falsidade da historia.
Si se sabe que, cando o seu número excede un certo límite, os lémmings desprázanse en migracións masivas buscando zonas onde haxa alimento. Ao penetrarse por terreos descoñecidos, unha porcentaxe apreciable queda, sen querer, polo camiño.
Continuará!
FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios