ECLIPSE TOTAL DE LÚA
Durante a noite de hoxe, domingo 7 de setembro de 2025, será posible observar unha eclipse total de Lúa que será visible desde gran parte do mundo e que en España poderá verse como total, excepto nas zonas máis occidentais de Galicia e nas Illas Canarias, onde o orto lunar producirase inmediatamente despois do final da totalidade. A observación da eclipse pódese realizar a primeira ollada e non entraña ningún perigo nin require ningún tipo de instrumentación especial.
No extremo máis occidental de Galicia e as illas Canarias, a eclipse total finalizará antes da saída da Lúa sendo só visible o final da fase parcial, mentres que no resto da península, illas Baleares, Ceuta e Melilla a Lúa sairá totalmente eclipsada, polo que se verá o final da fase total, pero non o comezo. Durante a eclipse total, a Lúa non estará completamente escura, senón que tomará un ton avermellado, iso débese a parte da luz solar que é desviada pola atmosfera terrestre.
Unha eclipse ocorre cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan. Se ese fenómeno ten lugar durante a fase da lúa chea, cando a Lúa pasar pola sombra da Terra, denomínase eclipse de Lúa, ou eclipse lunar. O tipo e a duración da eclipse lunar depende da localización da Lúa en relación á súa órbita.
Eclipse lunar total: A Lúa atravesa completamente o interior da umbra da Terra, a parte interna da sombra. A velocidade da Lúa a través da sombra é de cerca de 1 km por segundo, e unha eclipse total pode durar ata 102 minutos (case unha hora e tres cuartos). O período decorrido a partir do momento en que a Lúa ten o primeiro contacto coa umbra da Terra até o momento en que a abandona totalmente, por outro lado, pode durar varias horas.
FONTE: astronomia.ign.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios