Blogia
vgomez

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS VII

Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos da Illa de Tabarca, hoxe tocalle o turno ao Illote de Lobos.

7. Illote de Lobos

Este illote atópase no océano Atlántico, ao norte de Fuerteventura. Politicamente pertence ao municipio de La Oliva, na provincia das Palmas (Illas Canarias). Trátase dun pequeno illote duns 4,5 km² situado ao nordés de Fuerteventura. O brazo de mar que os separa denomínase El Río, no Estreito da Bocaina, cuxa profundidade non excede dos 10 metros. 

Forma parte do Parque Natural das Dunas de Corralejo e Illa de Lobos. Alberga máis de 130 especies vexetais e varias especies de aves, destacando a gaivota arxéntea e a pardela cincenta. Os fondos mariños son área de reserva submarina e conteñen unha gran riqueza ecolóxica.

FONTE: gl.wikipedia.org     Imaxes: gobiernodecanarias.org e randomtrip.net

Continuará...

0 comentarios