Os récords de lonxevidade do reino animal (IV)
Continúo coa serie adicada aos numerosos exemplos de lonxevidade extrema no reino animal existen numerosos exemplos. O estudo destes casos achega á comunidade científica novos instrumentos para estudar como reverter o aparentemente inexpugnable proceso de envellecemento.
Se onte falamos da esponxa barril, hoxe tócalle á quenlla de Groenlandia.
Quenlla de Groenlandia en augas profundas / fundacionaquae.org
4. Quenlla de Groenlandia
A quenlla de Groenlandia non vive miles de anos, pero os seus preto de 400 anos de esperanza de vida convérteno no vertebrado máis lonxevo do mundo. Os científicos cren que o feito de vivir en augas tan frías do Atlántico Norte e o Ártico é precisamente o que lles axuda a retardar os procesos metabólicos e a actividade bioquímica, o que redunda na súa esperanza de vida.
Igual que ocorre coas esponxas de cristal, a clave da lonxevidade destas criaturas ten que ver co feito de ter un metabolismo extraordinariamente lento, unha habilidade que ten unha finalidade práctica: o aforro de enerxía, algo moi útil en contornas extremadamente frías.
Os investigadores cren que vivir en augas tan frías dos océanos Atlántico Norte e Ártico probablemente axuda a estas quenllas para retardar os procesos metabólicos e a actividade bioquímica, o que se traduce nun aumento da esperanza de vida. Aínda que iso ten unha clara desvantaxe desde o punto de vista reprodutivo, pois se cre que as femias desta especie non son capaces de reproducirse ata os 156 anos de idade. Demasiado tarde para os machos.
FONTE: Sergi Alcalde/ nationalgeographic.com.es Imaxe: Shutterstock
Continuará...
0 comentarios