CANTO SABES DE CHILE? VI
Continúo coa serei adicada a Chile, ese país suramericano, tricontinental e colosal, xa que é o país máis longo e delgado do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é 700.000 km2. Exactamente 756.102 km2. Chile reclama 1.250.257,6 km2 da Antártica entre os meridianos 53° O e 90° O. Chile é unha franxa, a máis alongada do mundo de norte a sur, alcanza un longo de 4270 km e un ancho que oscila entre os 445 km e os 90 km. A modo comparativo, para que te fagas una idea, a súa superficie é similar á de Turquía (780.580 km2) e bastante mási que o noso país, España (504.782 km2).
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é, aproximadamente, a poboación de Chile?
- 18 millóns de habitantes
- 19 millóns de habitantes
- 20 millóns de habitantes
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e cooperativa.cl/noticias
0 comentarios