Blogia
vgomez

Dez científicas galegas que deberías coñecer (IV)

Remato coa serie adicada as científicas galegas que foron innovadoras e pioneiras, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, celebrado o pasado día 11. 

María Luisa Pérez Toba

María Luisa Pérez Toba (Burgos, 1930—A Coruña, 2021) chegou a Galicia con tan só uns meses de idade. Trasladouse a Madrid para estudar Enxeñería Agrónoma e logrou o título en 1960, converténdose na primeira galega en conseguilo. Tres anos despois lograría o doutoramento. Traballou na delegación coruñesa da Consellería de Agricultura e participou na creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, do que foi a súa primeira secretaria.

Concepción Sáiz Otero

Concepción Sáiz Otero (Santiago de Compostela, 1851—Burgos, 1934) foi unha recoñecida pedagoga de finais do século XIX e comezos do XX. Con 19 anos marchou coa súa familia a Madrid. Alí dirixiu durante tres anos a primeira escola graduada de nenas creada pola Asociación para a Ensinanza da Muller. Máis adiante accedeu á cátedra de Pedagoxía. En 1909 formou parte do profesorado da Escola de Estudos Superiores de Maxisterio que, naquel momento, era un posto de moi difícil acceso para as mulleres. Apostou dende sempre pola renovación pedagóxica e foi unha firme defensora da educación das mulleres.

FIN!

FONTE: gciencia.com      Imaxes: consellodacultura.gal e gciencia.com

0 comentarios