Blogia
vgomez

CANTO SABES DE NEPAL? XVII (FIN)

Remato coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte e última da serie é Vaca. É o animal nacional e o máis sacro en Nepal, venerada como símbolo de abundancia, fertilidade e representación da deusa Lakshmí. A súa matanza está prohibida por ser un país de maioría hindú.

Durante o festival de Tihar (celebrado durante cinco días entre outubro e novembro, é o segundo maior festival hindú, coñecido como o Festival das Luces ou
Yamapanchak) adórase especialmente a vacas, cans (Kukur Tihar) e corvos polo seu vínculo sacro.

E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer algo millor este país!

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: abovethehimalaya.com/es

0 comentarios