CANTO SABES DE GUINEA ECUATORIAL? XI
Continúo coa serie adicada a Guinea Ecuatorial, un dos países máis misteriosos do mundo, máis pequenos de África e onde o español é lingua oficial.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3. En Guinea Ecuatorial hai 16 áreas protexidas, que ocupan 5.228 km², o 19,27% do territorio, e 730 km² de superficie mariña, o 0,24% dos 310.365 km² que pertencen ao país. Entre as áreas protexidas hai 3 parques nacionais, 2 monumentos naturais, 2 reservas científicas e 6 reservas naturais. Ademais, hai 3 sitios Ramsar.
Os e parques nacionales son:
1. Parque nacional de Monte Alén, 2.000 km², no continente, na serra de Niefang, bosque denso e primates. Atópase unha continuidade no monte Mitra, de 1250 m.
2. Parque nacional dos Altos de Nsork, 700 km², ao sueste da zona continental, na provincia de Wele-Nzas; pluvisilva densa ecuatorial, con elefantes de bosque, gorilas occidentais de chaira, chimpancés, colobos, etc.
3. Parque nacional do Pico Basilé, 330 km², na illa de Bioko, protexe o pico máis alto do país e a súa poboación de primates. Nas zonas máis altas, hai ericáceas ata os 2.500 m e por encima, pradería subalpina.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Guinea Ecuatorial foi unha colonia española, Cando se independizou de España?
- 15 de decembro de 1963
- 11 de agosto de 1968
- 12 de outubro de 1968
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.dreamstime.com e istopiahistoria.blogspot.com
0 comentarios