SABÍAS QUE... HOXE COMEZA O OUTONO 2026
O outono de 2026 no hemisferio norte comezará hoxe, día 23 de setembro, ás 02 horas 05 minutos hora oficial peninsular segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible). Esta estación durará aproximadamente 89 días e 21 horas, e terminará o 21 de decembro co comezo do inverno.
O inicio do outono no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. O día en que isto sucede a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia lla chama tamén equinoccio de outono.
No momento en que o outono comeza no hemisferio norte, no hemisferio sur comeza a primavera.
FONTE: astronomia.ign.es
0 comentarios