Os 20 do XX. Capítulo 5 - Vinte no fútbol
Nesta quinta entrega, e última, de Os 29 dos XX afondamos no Fútbol. Nos vinte do século pasado o fútbol masculino en Galicia acada a profesionalización e dá un gran salto de calidade. Nacen equipos como o Racing de Ferrol ou o Celta de Vigo, e tamén a rivalidade entre este e o Deportivo da Coruña. Nesta década ademais créase a primeira selección galega e o fútbol feminino tamén xoga os seus primeiros encontros, con iniciativas pioneiras como o Irene FC da Coruña.
Con este episodio rematamos OS 20 DO XX, serie escrita e dirixida por Antón Varela para explicarnos como era Galicia hai cen anos.
0 comentarios