Blogia
vgomez

CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? V

Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.

A contestación correcta á pregunta de onte é XVI-XVII. Talvez sería máis apropiado falar dos Séculos de Ouro, en plural, pois abarcan a época clásica ou de apoxeo da cultura española tanto do Renacemento (século XVI) como do Barroco (século XVII). Existen dúas datas clave: 1492, coa publicacion da Gramática castelá de Antonio de Nebrija, que inicia o período e 1681, coa morte de Pedro Calderón de la Barca, que sinala o esmorecemento dos séculos dourados. O punto máis alto deste apoxeo atópase na obra de Miguel de Cervantes e Lope de Vega.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que dramaturgo do Século de Oro escribiu Fuenteovejuna?

- Calderón da Barca

- Tirso de Molina

- Lope de Vega

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org e propia     Imaxes: cervantesvirtual.com e es.wikipedia.org 

0 comentarios