Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? XVI

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Helio. Trátase do helio (He), que se revelou por primeira vez como unha liña amarela brillante nun espectro de luz do Sol. Este descubrimento deuse en 1868, case tres décadas antes de ser descuberto na Terra. Aínda por riba, en 2018 un equipo de científicos atopou por primeira vez helio na atmosfera dun exoplaneta.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Relaciona os elementos químicos co seu símbolo.

Potasio             Cu

Fósforo             Zn

Cinc                  P

Cobre                K

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: zschimmer-schwarz.es e es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org e www3.gobiernodecanarias.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXIX

VERTICAIS: 1. GAMBINO 2. BARBADOS 4. ROMEU 7. SERODIO.

HORIZONTAIS: 3. DRAA 5. YANGTSÉ 6. ADRAMÁM 7. SOLLO 9. SUBORNAR.

Máis cultura xeral!

CANTO SABES SOBRE A TABOA PERIODICA? XV

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeira. O unuennio incluirase no grupo dos metais alcalinos e, aínda que as súas propiedades aínda son descoñecidas, debido á súa posición prevese que sexan similares ás doutros metais alcalinos, como o litio, o sodio ou o potasio. É dicir, probablemente será moi reactivo con diversas substancias químicas como a auga ou o osíxeno.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Un dos elementos que aparecen na táboa periódica foi descuberto no espazo. Adiviñas cal é?

- Osixeno

- Helio

- Nitróxeno

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: zschimmer-schwarz.es e es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org e bbc.com

#DígochoEu: Non digas *quitamedos

En galego non temos *quitamedos. Esther danos a alternativa correcta!

#DígochoEu 

ENCRUCILLADO CLXXIX

VERTICAIS: 1. Apelido do escultor galego (1719-1775), máximo expoñente do rococó de Galicia 2. País insular con capital en Bridgetown 4. Arbusto aromático da familia das labiadas, de follas pequenas e lineais, tomentosas polo envés, e flores azuis ou abrancazadas, tamén pequenas e de nome científico Rosmarinus officinalis 7. Froito que madura tarde, que se sementa ou recolle fóra do tempo.

HORIZONTAIS: 3. Río máis longo de Marrocos (e de Alxeria, xa que en gran parte do seu percorrido fai de fronteira entre ambos os dous países) 5. Terceiro río máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas 6. Home corpulento ou animal de tamaño moi grande 7. Peixe mariño da familia dos acipenséridos, de grandes dimensións e peso, corpo e fociño alongados e placas óseas facendo de escamas, que nace nos ríos e é moi apreciado polas súas ovas, coas que se elabora o caviar e de nome científico Acipenser sturio 9. Conseguir que a cambio de diñeiro ou regalos, unha persoa deixe de cumprir co seu deber e actúe conforme se lle manda.

CANTO SABES SOBRE A TÁBOA PERIÓDICA? XIV

Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.

A contestación correcta á pregunta de onte é O nome dos elementos químicos provén do latín. A letra “J” non apareza en ningún momento na táboa periódica, a razón desta pequena curiosidade é bastante sinxela: o nome dos elementos químicos provén do latín, lingua na que non existía este carácter.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Tal como dixemos, actualmente hai 118 elementos na táboa periódica. Con todo, a comunidade científica está atenta á inclusión dun novo elemento: co nome provisional de ununennio e símbolo Uue, unha vez estea sintetizado, ocupará a posición 119. Esta afirmación é…

- Verdadeira

- Falsa

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e zschimmer-schwarz.e    Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas nin *escea nin *esceario

Palabraas do mundo do espectáculos que dicimos mal como: *esceario*escea...

#DígochoEu

DOUS CANDIDATOS A PLANETA NOVE DO SISTEMA SOLAR

A idea da existencia dun NOVENO PLANETA no Sistema Solar remóntase a mediados da década pasada, cando os astrónomos tentaban comprender as órbitas anómalas dos obxectos transneptunianos. Estes obxectos atópanse máis aló da órbita de Neptuno e presentan traxectorias inclinadas e moi alongadas. 

Os astrónomos atoparon dous candidatos prometedores do posible planeta Nove do Sistema Solar, buscando o seu sinal térmico en lugar da luz reflectida en datos do telescopio espacial xaponés Akari.

De existir, o Planeta Nove sería un verdadeiro xigante, cunha masa de aproximadamente 5 a 10 veces a da Terra, orbitando entre 400 e 800 veces máis lonxe do Sol que o noso planeta. A unha distancia tan enorme, sería incriblemente tenue e case imposible de detectar con telescopios tradicionais que se basean na detección da luz solar reflectida.

Dirixido por Amos Chen, da Universidade Nacional Tsing Hua, o equipo deuse conta de que buscar o sinal térmico do Planeta Nove podería ser moito máis eficaz que buscar a súa luz reflectida. Os investigadores recorreron a datos de AKARI, un telescopio espacial xaponés que realizou o estudo máis sensible de todo o ceo en luz infravermella afastada, o rango de lonxitude de onda perfecto para detectar o sinal térmico dun planeta frío e distante.

O equipo centrou a súa procura nunha rexión específica do ceo onde, segundo as simulacións por computadora, era máis probable atopar o Planeta Nove, baseándose nos patróns orbitais dos obxectos do Cinto de Kuiper. Enfrontáronse entón á difícil tarefa de distinguir un planeta de movemento lento das innumerables estrelas, galaxias e entullos cósmicos que poboan esta rexión.

Con todo, atoparon unha solución: o Planeta Nove debería parecer estacionario durante un só día, pero mostrar un movemento detectable durante meses. Ao comparar as observacións de AKARI tomadas en diferentes momentos, puideron identificar obxectos con este tipo específico de movemento, filtrando ao mesmo tempo os raios cósmicos, as galaxias de fondo e outros sinais falsos.

Tras este meticuloso análise, os investigadores identificaron dous candidatos. Ambos os obxectos aparecen na localización prevista e emiten a cantidade de luz infravermella que a teoría suxire que debería producir o Planeta Nove. Aínda que isto non constitúe unha proba definitiva, representa a pista máis prometedora na procura do xigante oculto do noso Sistema Solar. De confirmarse, o descubrimento do Planeta Nove revolucionaría a nosa comprensión da formación e evolución do noso Sistema Solar.

Referencia da noticia.

FONTE: lavozdegalicia.es