Blogia

vgomez

CANTO SABES DE XAPÓN? IV

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.  

A contestación correcta á pregunta de onte é 2.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a capital de Xapón?

- Osaka

- Tokio

- Hiroshima

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di? 'Bañador' e 'toallitas'

 

En galego non utilizamos *bañador, nin tampouco *toallitas (nin *tolliñas)

#DígochoEu

TUNICADOS

TUNICADOS

Fósil do Megasiphon thylakos / Kris Snibbe/Harvard Staff Photographer

Mira que hai bichos raros no noso planeta e moitos dos máis fascinantes e descoñecidos viven no fondo do mar. Animais que permanecen fixados nun punto para sempre e que a ollos de calquera inexperto pasarían por plantas. É o caso dos tunicados, un grupo de animais mariños que comprende máis de 3.000 especies. Un equipo de científicos de Harvard descubriu unha máis a partir dun fósil con 5.000 millóns de anos de antigüidade e o seu estudo pode revelar novos segredos sobre a orixe dos vertebrados.

Os tunicados son estraños seres mariños invertebrados. Varían moito en canto a morfoloxía, ecoloxía e estilo de vida, pero sabemos pouco da evolución deste grupo nas súas fases máis temperás. O principal problema para estudalos é o pobre rexistro fósil do que dispoñemos, pois os seus tecidos brandos tenden a desaparecer ante o implacable paso do tempo. É por iso que supón un achado extraordinario o fósil de tunicado descuberto na Formación Marjum de Utah, en Estados Unidos. Karma Nanglu, do Museo de Zooloxía Comparada e o Departamento de Bioloxía Orgánica e Evolutiva da Universidade de Harvard, encabezou un equipo de investigación cuxos resultados se publicaron na revista Nature Communications, onde describiron a nova especie: Megasiphon thylakos. O estudo sostén que os tunicados ancestrais viviron como adultos estacionarios que se alimentaban absorbendo nutrientes da auga e é probable que se transformasen a partir dunha larva parecida a un cágado.

Esta idea de que comezan como unha larva con aspecto de cágado que, cando está lista para desenvolverse, basicamente dálle un cabezazo a unha rocha, pégase a ela e comeza a metamorfosearse reabsorbendo a súa propia cola para transformarse neste ser con dous sifóns é simplemente impresionante”.

Aínda que os tunicados teñen multitude de formas, tamaños e estilos de vida, a estrutura básica que presentan é a dun barril con dous sifóns. Un deles serve para aspirar a auga que lle proporciona partículas de comida captadas a través dun filtro interno e o outro sifón encárgase de expulsar a auga.

Unha das principais liñaxes de tunicados son os ascidiáceos, tamén coñecidos como ascidias. A maioría das especies deste grupo nacen sendo unha especie de cágado e transfórmanse na súa vida adulta, cando se pegan ao fondo do mar e toman forma de barril. Unha transformación impactante, pero grazas a que sabemos como nacían, podemos relacionar estes animais coa orixe evolutiva de peixes, mamíferos e mesmo os propios humanos. Así é, os tunicados son os parentes invertebrados máis próximos aos vertebrados e dada a escaseza de fósiles, este novo descubrimento brinda importantes oportunidades de coñecemento.

A morfoloxía de Megasiphon suxírenos que o estilo de vida ancestral dos tunicados involucraba a un adulto inmóbil que se alimentaba por filtración cos seus grandes sifóns. É moi raro atopar non só un fósil tunicado, senón un que proporcione unha visión única e incomparable das primeiras orixes evolutivas deste enigmático grupo”.

Comparacións entre o novo tunicado do Cámbrico, Megasiphon thylakos (a, b) con algúns tunicados modernos (c, d, e) / Rudy Lerosey-Aubril / Nanglu, K. et al. 2023.

O nivel de conservación do fósil é tan extraordinario que estamos diante dun caso único no mundo ata a data. Segundo o comunicado que deu a coñecer as novidades en The Harvard Gazette, “os fósiles da Formación Marjum datan de pouco despois da Explosión Cámbrica, hai aproximadamente 538 millóns de anos, un dos eventos evolutivos máis significativos na historia da Terra. Os grupos de animais máis importantes aparecen no rexistro fósil deste período por primeira vez, evidencia de ecosistemas mariños radicalmente cambiados. Os tunicados, con todo, están notablemente ausentes nas rochas do Cámbrico, a pesar de que son diversos e abundantes nos océanos modernos”.

Dada a excepcional calidade de conservación e a idade do fósil, podemos dicir bastante sobre a historia evolutiva dos tunicados. Este é un achado incrible, xa que practicamente non tiñamos evidencia concluínte dos modos de vida ancestrais deste grupo antes de isto”.

FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es/historia

CANTO SABES DE XAPÓN? III

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.  

A contestación correcta á pregunta de onte é 6.852. O territorio de Xapón comprende un arquipélago de 6.852 illas que cobren 377.975 km². As cinco illas principais do país, de norte a sur, son Hokkaidō, Honshū, Shikoku, Kyūshū e Okinawa.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a bamdeira de Xapón?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di? 'Duplo' ou 'dobre'?

Duplo ou dobre? Sabes a diferenza?

#DígochoEu

#DígochoEu: Non confundas 'oh' con 'ho'

 

Aínda que se pronuncian igual, oh e ho non che son o mesmo!

#DigochoEu

O CEREBRO MATEMÁTICO

 

A maneira en que o cerebro xera o pensamento é un dos grandes misterios da ciencia”, asegura o neurocientífico Stanislas Dehaene, que dedicou a súa vida a decodificar como funciona a mente humana.

 Matemático de formación, Dehanae é pioneiro da neurociencia da linguaxe verbal e a cognición matemática. Desde finais dos anos 80 está á fronte da unidade de Neurociencia Cognitiva do Instituto Nacional de Saúde e Investigación Médica francés e, actualmente, tamén lidera o NeuroSpin Brain Imaging Center de París. O científico defende que o cerebro dun bebé é mellor que un supercomputador: “Un bebé está dotado de razón, de lóxica, de matemática, desde que nace”. O seu traballo valeulle multitude de recoñecementos, entre os que se atopa o prestixioso Brain Prize, coñecido como o "Nobel da neurociencia".

 Dehanae busca as raíces do noso instinto matemático, examina os circuítos da lectura, indaga a maneira na que aprendemos e investiga, en definitiva, que fai tan especial aos seres humanos. Autor de numerosos libros nos que expón os resultados das súas investigacións ao gran público, acaba de publicar ‘Con vostedes… o noso cerebro!’, onde comparte os descubrimentos históricos das ciencias do cerebro, desde a Antigüedad ata os nosos días.

CANTO SABES DE XAPÓN? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.   

A contestación correcta á pregunta de onte é País do sol nacente. Conta a lenda que este nome xurdiu cando o emperador xaponés, Shotoku, no ano 607 d.C., enviou unha carta ao emperador de China para establecer unha relación entre ambas as nacións, indicando que dita carta proviña do mandatario do país onde nacía o sol, frase que se popularizou e eliminou o nome co que se coñecía a esta illa en China, “o país anano”.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Xapón é un país insular de Asia Oriental situado no noroeste do océano Pacífico. Cantas illas forman o arquipélago?

- 12

- 3.527

- 4.053

- 6.852

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e unibe.edu.do  Imaxes: culturizando.com e hispanopress.blogspot.com