Blogia

vgomez

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? V

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 34 km. A canle da Mancha é o brazo de mar do océano Atlántico que o comunica co mar do Norte e separa o noroeste de Francia de Inglaterra. Na súá parte máis estreita atópase o paso de Calais (entre Forelad Sur-Dover e o cabo de Gris-Nez) adistancia que os separa é de 34 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que río pasa por Londres?

- Medway

- Támesis

- Gran Ouse

- Humber

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? IV

Continúo coa serieadicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é …

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Xa dixemos que a Gran Bretaña está formada por Inglaterra, Escocia e Gales. Comecemos por Inglaterra. Está máis cerca de Europa continental que cualquera outra parte do resto da Gran Bretaña. Cal é a distancia máis curta que separa Inglaterra de Francia?

- 24 km

- 34 km

- 44 km

- 54 km

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como chiamos agora?

 

Twitter desaparece e agora o que temos é X. Pero como imos chiar entón?

DígochoEu

QUE É FACER -LUZ DE GAS- NUNHA RELACIÓN?

 

María Esclapez é psicóloga, sexóloga, terapeuta de parellas e autora do libro ‘Quérome, quéroche’. E como tantas outras persoas, ela tamén viviu experiencias traumáticas nas súas relacións de parella, tóxicas e dependentes, ata atopar a forma de saír desa dinámica. “Despois de ver e vivir moitos vínculos tóxicos, sei que só son iso: vínculos que se reflicten en comportamentos. Non existen as persoas tóxicas, senón persoas con historias e aprendizaxes que emiten comportamentos tóxicos”, describe Esclapez, que comparte en redes sociais, consellos sobre psicoloxía e trucos para manter relacións afectivas sas.

Todo o que aprendemos ao longo da vida de maneira consciente ou inconsciente cambia a nosa maneira de vivilas, mesmo se o que aprendemos facémolo dentro da mesma relación. O ser humano é como unha esponxa, aprende comportamentos, situacións, palabras, imaxes, formas de pensar e mesmo actitudes”, explica a experta. E conclúe: “Moitas veces, estas vivencias pódense chegar a converter en auténticos traumas. Nas relacións cos pais, as amizades ou a parella, calquera vivencia que supoña un sufrimento emocional ou físico considérase traumática porque afecta a parte íntima e afectiva da persoa. Este tipo de traumas serán os que máis adiante poidan condicionar o tipo de vínculo nunha relación, que poderá ser tóxico ou non”.

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? III

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-d, 2-a, 3-e, 4-b e 5-c.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Relaciona as bandeiras…

- Inglaterra

- Escocia

- Gales

- Irlanda do Norte

- Reino Unido

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas 'que *lástima'

 

Lamentamos comunicarche que o Entroido de Verán terminou. Pero ti non deberías retrucar cun *que lástima! porque nin *lástima nin *lastimar son correctos.

#DígochoEu

SABÍAS QUE... POR QUE SOA O LÁTEGO CANDO SE AZOUTA CON ENERXÍA?

Unha das iconas máis coñecidas de Indiana Jones é, xunto co seu chapeu fedora, o látego. Nas diferentes entregas chegáronse a usar ata máis de trinta látegos diferentes, todos eles realizados a man por David Morgan, un afamado e reputado artesán. Aínda que a súa lonxitude é diferente, todos teñen en común unha capa de pel de canguro.

Nalgunhas entrevistas Harrison Ford confesou que tivo que recorrer a un profesor para que lle ensinase a utilizalo e recoñeceu que foi necesario dedicarlle bastante tempo para adquirir certa destreza, xa que se necesita unha especial coordinación entre o brazo e o pulso.

Sabemos que o aire está formado, fundamentalmente, por moléculas de nitróxeno e osíxeno e que todas elas atópanse vibrando en constante movemento a unha velocidade elevada, ao redor dos 480 metros por segundo.

Se algún corpo desprázase a través do aire a unha velocidade inferior, ás moléculas dálles tempo a apartarse, pero se a velocidade é polo menos igual á súa amontóanse e son empuxadas. O aire comprimido e acumulado que crea unha onda de choque é o que percibimos como un forte son.

Dito doutra forma, cando un obxecto atravesa o espazo a unha velocidade superior á que se despraza o son por ese espazo dise que superou a barreira do son.

Isto é o que sucedía por exemplo co Concorde, un avión supersónico que tivo que ser relegado ao recuncho do esquecemento porque o seu custo de combustible era prohibitivo.

Ese avión, fabricado a mediados da década dos setenta, era capaz de realizar voos comerciais regulares a través do Océano Atlántico: unía a costa leste de Estados Unidos con Europa en tan só tres horas e media.

Os avións dispoñen dun instrumento de control de voo, chamado máchmetro, que lles indica a relación da velocidade con respecto ao aire, coa velocidade do son, que varía coa altitude do voo, debido á temperatura e á densidade do aire. O máchmetro indica a velocidade en forma de fracción decimal, sendo a unidade, a velocidade do son.

A primeira persoa en superar a barreira do son foi un estadounidense, Chuck Yeager, e conseguiuno o 14 de outubro de 1947. Ese día, mentres pilotaba o seu avión Bell X-1, a 45.000 pés de altura, alcanzou Mach 1.05, é dicir, 1.05 veces a velocidade do son. Actualmente é posible admirar o Bell X-1 no Museo Smithsoniano do Aire e do Espazo, en Washington.

Moi posiblemente a primeira pregunta que nos vén á cabeza é que perigos entraña para a saúde un avión, por exemplo, un caza Eurofighter, cando atravesa a barreira do son. Pois non hai nada por que preocuparse, xa que non presenta ningún perigo nin para o piloto nin para os habitantes da cidade que sobrevoa, salvo o susto que poida ocasionarnos e o posible dano nos cristais. Nada máis.

Volvendo ao látego, cando aplicamos ao extremo do mango unha gran enerxía, desprázase pola superficie como unha onda en movemento, capaz de gañar velocidade conforme se achega ao extremo. Ao final é capaz de superar a barreira do son, creando unha explosión sónica que tanto gusta aos fans de Harrison Ford.

Así que xa sabes, por menos de 500 dólares pode facerse cun látego similar ao deseñado por David Morgan e vencer a velocidade do son sen saír da túa casa.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

A HISTORIA DUN ERRO QUE AMEAZA A NOSA CIVILIZACIÓN

 

Unha botella de plástico pode tardar ata mil anos en descompoñerse. Unha, mil anos. E cada minuto véndense un millón de botellas de plástico no mundo. Cada minuto, un millón. Uns datos vertixinosos que chocan co uso que lle damos a este material e que se traducen nuns dos maiores problemas ambientais aos que se enfronta o ser humano. “Hai unha cousa que unha civilización intelixente xamais debería facer con semellante material, con semellante tecnoloxía, e é utilizala para fabricar cousas deseñadas para converterse en lixo”, sentencia o economista Manuel Maqueda.

Licenciado en Economía pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito pola UNED, Maqueda é o primeiro profesor de Economía Circular e Rexenerativa en Harvard. Este experto en contaminación por plásticos é fundador de varias ONG e empresas sociais e tamén codirector de ‘Albatross’, un documental que expón a situación destas aves mariñas acosadas pola inxestión do lixo plástico no océano Pacífico. Nun mundo con excedente de información, o profesor aposta por buscar solucións desde o pensamento sistémico e advirte da aceleración silenciosa dos problemas aos que nos enfrontamos. “En principio, parece que non ocorre nada e, de súpeto, catapún. O cambio climático, a perda de biodiversidade… Todas as alteracións que hai nos ecosistemas son funcións exponenciais”, avisa o experto.

Os esforzos de Manuel Maqueda céntranse en deixar un mundo mellor ás próximas xeracións: “O meu traballo, na educación e nas ONG, ten ese obxectivo: ser un bo devanceiro e facer honra a este tempo tan especial e tan importante que nos tocou vivir”.