Blogia

vgomez

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? IX

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 130.000 km2. Exactamente 130.395 km2. Para facernos unha idea...

Inglaterra....... 130.395 km2

Francia........... 675.417 km2

España........... 505.944 km2

Italia.............. 301.340 Km2

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Imos agora con Escoacia, que ten por capital Edimburdo. Pero cal é a cidade máis poboada?

- Edimburgo

- Glasgow

- Aberdeen

- Inverness

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: É correcto dicir

 

Para referírmonos a facer que algo estea cheo, diríamos "chear" ou "encher"? Resolvemos a dúbida!

#DígochoEu

UNHA ESTRELA CON DÚAS CARAS

Unha estrela con dúas caras con composicións completamente diferentes? Os astrónomos fixeron un descubrimento sorprendente, único no seu tipo. A estrela, unha anana branca con dúas caras, ten unha aparencia diferente en cada hemisferio, algo que desconcerta aos astrónomos. Foi nomeada oficialmente como ZTF J203349.8+322901.1.




Esta estrela ten dúas caras, algo que desconcerta aos astrónomos / Nature (2023)

A estrela, bautizada de forma máis próxima como Jano (ou Janus) en honra ao deus romano das transicións (os comezos e os finais) e as portas, atópase a máis de 1.300 anos luz de distancia da Terra na constelación de Cygnus O Cisne, e está formada por hidróxeno nunha cara e helio na outra, e cada unha das caras emana firmas de luz distintas, segundo describen os investigadores no seu estudo publicado na revista Nature. É a primeira vez que os astrónomos descobren unha estrela solitaria que parece desenvolver espontaneamente dúas caras contrastantes.

"A superficie da anana branca cambia completamente dun lado a outro", explicou Ilaria Caiazzo, astrofísica de Caltech e líder do traballo. “Cando mostro as observacións á xente, quedan impresionados”.

Os investigadores da Universidade de Columbia Británica en Canadá, e os seus colegas viron a Jano usando a instalación transitoria Zwicky (ZTF) no Observatorio Pombal de Caltech preto de San Diego, California, e logo tomaron máis observacións usando varios outros telescopios. As observacións indicaron que realiza unha rotación ultrarrápida sobre o seu eixo cada 15 minutos, o que fai que destelle no ceo nocturno. A súa temperatura é de 35.000 Kelvin (equivalente a 35.000 °C), aproximadamente seis veces máis quente que a superficie do noso Sol.

Sabemos que toda a superficie dalgunhas ananas brancas pode facer a transición de helio a hidróxeno e volver a helio novamente, pero nunca antes captaramos unha no medio deste cambio.

As ananas brancas son esencialmente os cadáveres de estrelas queimadas que orixinalmente eran do tamaño do noso Sol. Antes de reducir o seu tamaño, estas estrelas expándense ata converterse en xigantes vermellas inchadas durante miles de millóns de anos, e finalmente despréndense do seu exterior e deixan atrás un núcleo denso e a lume vivo.

O equipo detrás do descubrimento recoñeceu que non coñecen a causa detrás deste fenómeno nunca antes visto, aínda que proporcionaron algunhas hipóteses. Quizá é que Jano estea a pasar por unha fase rara de evolución de nana branca: "Non todas, pero algunhas ananas brancas pasan de estar dominadas por hidróxeno a helio na súa superficie. É posible que atrapásemos a unha desas ananas brancas no acto", aclara Caiazzo.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXVI

VERTICAIS: 1. Bilbilitano 3. Ástato 5. Aturuxo 9. Odesa.

HORIZONTAIS: 2. Xarda 4. Aragón 6. Rifts 7. Córsega 8. Rododendro 10. Vaduz.

Máis cultura xeral!

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? VIII

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 56 millóns de habitantes aproximadamente. Que ben a ser o 85% dos habitantes de todo o Reino Unido. A cidade máis poboada é a capital, Londres que anda en torno aos 9 millóns de habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

8. Cal é a extensión de Inglaterra?

- Aproximadamente 120.000 km2

- Aproximadamente 130.000 km2

- Aproximadamente 140.000 km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: pureti.eses.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *reseña

 

En galego non escribimos *reseñas! Entón? Esther acláranolo!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CXXXVI

VERTICAIS: 1. De Calatayud ou dos seus habitantes 3. Elemento químico de propiedades similares ao iodo, que pertence ao grupo dos halóxenos, e cuxo símbolo é At 5. Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas 9. Terceira cidade máis importante de Ucraína no que se atopa o porto marítimo comercial mási importante do país.

HORIZONTAIS: 2.  Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre, con nome científico Scomber scombrus 4. Principal río de Navarra, despois do Ebro, do que é afluente 6. Fosas tectónicas alongadas onde a cortiza terrestre está a sufrir diverxencia e distensións, produto da separación de placas tectónicas e crecemento simultáneo das mesmas 7. Illa e unha das trece rexións da Francia metropolitana que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa, e cuxa capital é Ajaccio 8. Arbusto perenne da familia das ericáceas de follas coriáceas alternas nos extremos das pólas, moi cultivado en xardín polas fermosas flores de diversas cores, dispostas en grupo nos extremos das pólas e do que existen varias especies 10. Capital do Principado de Liechtenstein.

#DígochoEu: Non digas *xoven

 

En Xove non hai xente *xoven! Se non, que llo pregunten a Roberto Vilar, que é de Xove! Nin *xoven, nin *xóvenes, nin *xovens, nin nada que se lle pareza!

#DígochoEu