SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXVI

Localidades de Murcia!

Localidades de Murcia!
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é É unha bebida alcohólica e espirituosa obtida pola destilación da malta fermentada de cereais como cebada, trigo, centeo e millo. Posteriormente envellécese en barrís de madeira, tradicionalmente de carballo branco. Esta bebida alcohólica comercialízase cun contido alcohólico de entre 40 % e 62 % de volume.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Agora tócale ao País de Gales. É unha das nacións celtas e posúe unha identidade cultural propia que se conformou tras a retirada dos romanos de Gran Bretaña. Ten aproximadamente 3 millóns de habitante e, como xa dixemos, a súa capital de Cardiff. Administrativamente, Gales está dividida, desde 1996, en…
- 8 condados
- 13 condados
- 9 condados, 3 cidades e 10 distritos condais.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: archivo.elcomercio.pe e es.wikipedia.org

MULA ÁGUILAS ALCANTARILLA
CIEZA ARCHENA CARTAGENA
TOTANA MURCIA MORATALLA
YECLA JUMILLA MAZARRÓN

Utilizamos a expresión “ser máis feo que Picio” cando nos referimos a algunha persoa que é extremadamente fea.
A súa orixe atópase na época de dominación napoleónica (1808-1813), cando Francisco Picio, un zapateiro natural da localidade granadina de Alhendín (España) foi condenado á morte.
Non se sabe de certo cal foi o delito do que o acusaron, pero foi condenado á morte, e xusto no momento que se atopaba a piques de recibir o castigo, estando en capela, comunicáronlle que a súa pena fora revogada.
Picio quedou en liberdade por tanto, pero debido á impresión que lle produciu o estar tan preto da morte o seu corpo empezou a transformarse.
Caeulle todo o pelo (cabeza, cellas…) e empezáronlle a saír vultos e quistes pola cabeza e a cara, que deformaron a súa fisionomía de forma atroz. O seu aspecto cambiou ostensiblemente, chamando a atención de todas as persoas que se cruzaban con el.
Dise que déronlle a unción sacramental cunha cana, polo asustado que estaba o párroco que impartía o sacramento, ao non querer arrimarse.
Pobre Picio!
FONTE: blogs.20minutos.es
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tay. É un río da vertente do mar do Norte, que nace nos Highlands e flúe cara abaixo no centro de Escocia atravesando as cidades de Perth e Dundee. É o río máis longo de Escocia e tamén é o río do Reino Unido con maior volume de descarga xa que conta cunha conca hidrográfica de aproximadamente 4.970 km².

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Se hai unha bebida que identifique a Escocia é o whisky, pero realmente que é?
- É unha bebida alcohólica e espirituosa obtida pola destilación da malta fermentada de cereais como cebada, trigo, centeo e millo.
- É unha bebida alcohólica, non destilada obtida pola fermentación de cereais como cebada, trigo, centeo e millo.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e mundowhiskey.com
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Moray. O fiordo de Moray é un fiordo do mar do Norte, localizado na costa nororiental de Escocia. É o fiordo máis grande de Escocia, máis ou menos triangular, conta con máis de 800 quilómetros (unhas 500 millas) de costa, moitos deles de cantil.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Finalmente, Escocia tamén é terra de ríos. Cal e o máis grande?
- Spey
- Clyde
- Tay
- Tweed
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
’Perruquería’, perrucaría’, ’salón de peiteado’... Hai varias formas de chamarlle tanto ao lugar coma ao oficio, pero non todas as palabras están recollidas en todos os diccionarios.
En 1986, El País alertaba dun misterioso buraco na capa de ozono na Antártida provocado por gases xerados pola actividade humana. Hoxe o perigo vén doutro lado.