Blogia

vgomez

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXIV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXIV

 

VERTICAIS: 1. Lacazán 2. Glasgow 3. Cambre 4. Pradairo 6. Amaxofobia 7. Cóccix 9. Fósforo.

HORIZONTAIS: 5. Panamericana 8. Xurelo 10. Azafrán.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXXIV

ENCRUCILLADO CXXXIV

VERTICAIS: 1. Que non é amigo de traballar e que pasa o máis do tempo sen facer nada 2. Maior cudade de Escocia 3. Concello da provincia de A Coruña, que se atopa na área metropolitana da capital 4.  Árbore da familia das aceráceas, de copa ampla, casca lisa e agrisada, follas caducas lobuladas e dentadas, flores en acios colgantes,  froitos miúdos en sámara e de bome científico Acer pseudoplatanus 6. Medo intenso, e persistente no tempo, ante a idea de ter que coller un coche e conducir 7. Parte inferior da columna vertebral, articulada co sacro e formada por catro ou cinco vértebras soldadas, na especie humana, e que noutros vertebrados constitúe o esqueleto do rabo. 9. Elemento químico presente na natureza baixo diversas formas con características físicas diferentes, cuxo símbolo é P.

HORIZONTAIS: 5. Estrada máis longa do mundo 8. Peixe mariño da familia dos caránxidos, de corpo fusiforme e cor gris verdosa polo lombo e gris prateada polos costados, cunha banda de escamas en cada un, que vive en cardumes e abunda no Atlántico, cuxo nome científico é Trachurus trachurus 10. Substancia colorante que se extrae da flor do Crocus sativus, unha planta herbácea da familia das iridáceas.

#DígochoEu: Como se di 'degüelle' en galego?

 

Que palabra! Esther Estévez, danos as tres alternativas en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ITALIA? III

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Roma. Esta cidade, capital da rexión do Lacio e de Italia, conta cunha poboación aproximada de 2.800.00 habitantes,​ é o municipio máis poboado de Italia e a terceira cidade máis poboada da Unión Europea.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Que extensión ten Italia?

- Aproximadamente 250.000 km2

- Aproximadamente 300.000 km2

- Aproximadamente 350.000 km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org.costacruceros.es e uegarciamorato.blogspot.com

OS MITOS DOS ACCIDENTES ACUÁTICOS

Imaxe dunha clase práctica da materia de socorrismo do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

As persoas piden axuda e moven os brazos antes de afogar; é preciso agardar dúas horas para bañarse despois de comer; tras un afogamento hai que colocar a vítima boca abaixo para baleirar os seus pulmóns de auga; a urina é un bo remedio fronte á picadura dunha medusa… No referido aos incidentes que poidan darse en praias, ríos ou piscinas existen unha serie “mitos e falsas crenzas”, asentadas no ideario popular e que poden dar lugar a decisións ou intervencións erróneas. Coa idea de rebater estas crenzas, un artigo coordinado por investigadores dos grupos Clinursid da USC e Remoss da UVigo, Antonio Rodríguez Núñez e Roberto Barcala, identifica a través dun consenso de expertos os 10 principais mitos asociados ao medio acuático para logo ofrecer “unha perspectiva científica para a súa refutación”.

Publicado na revista  Educación Médica, trátase do primeiro documento científico en castelán que aborda esta problemática elaborado “por un grupo de traballo multidisciplinar”, con experiencia en medicina de urxencias, pediátrica e forense, en enfermaría e en socorrismo. O seu obxectivo é que este documento “sirva de guía para todo tipo de públicos”, dende á poboación en xeral “aos reguladores e os profesionais sanitarios”, de tal xeito que permita resolver preguntas habituais que poden xurdir na tempada de praia e desbotar ideas “que están no ideario popular e que non se sustentan nunha base científica ou a que se lles atribúe está obsoleta”, explican. Para iso, realizaron un “cribado de conceptos”, partindo da revisión da literatura científica sobre este tema, chegando finalmente á identificación de dez falsas crenzas, que foron rebatidas en base aos coñecementos médicos.

As persoas afogadas non piden axuda 

Varias destas crenzas céntranse na identificación, clasificación e tratamento das vítimas dun afogamento, como a propia idea de que “a persoa que afoga pide axuda”, cando realmente “recoñecer esta situación é un reto para socorristas e bañistas”, xa que “unha persoa que se afoga frecuentemente faino en silencio, non berra e non pide axuda, trata de sacar a cabeza e concentra todos os seus esforzos en respirar”, podendo desaparecer da superficie da auga nuns 90 segundos. Do mesmo xeito, os autores deste estudo rebaten tamén a idea de que, tras o afogamento, a vítima debe colocarse boca abaixo “para baleirar a auga dos pulmóns”, unhas manobras que “ademais de ser inútiles, supoñen unha perda de tempo esencial”, polo que a recomendación é aplicar o antes posible o protocolo de reanimación cardiopulmonar básica.

Neste mesmo bloque, rebátese tamén o uso de termos obsoletos como “case afogado ou o semiafogamento”, para referirse ás vítimas que sobreviven tras un incidente acuático, xa que o afogamento defínese “como un proceso polo que se experimenta unha dificultade para respirar causada pola submersión ou inmersión nun líquido”, que pode resultar ou non mortal. Tamén no referido á terminoloxía, refútase o uso de termos como “afogado seco ou branco e afogado húmido ou azul”, que se empregaban para diferenciar as vítimas nas que se atopou ou non líquido nos pulmóns, xa que “a definición de afogamento inclúe á aspiración de líquido”.

“Remedios caseiros” fronte ás picaduras 

No referido á seguridade dos bañistas, o estudo fai referencia a mitos como o do corte de dixestión, xa que “non hai contraindicacións para bañarse” tras consumir alimentos. Os autores deste estudo sinalan que esta idea pode confundirse coa “hidrocución ou shock termodiferencial”, que pode acontecer cando unha persoa se mergulla “bruscamente” e existe “unha notable diferencia entre a temperatura corporal e a da auga”. Do mesmo xeito, tamén rexeitan que manguitos ou flotadores preveñan o afogamento, xa que “non garanten que a cabeza e as vías respiratorias queden fóra da auga en todo momento” e poden xerar “unha falsa sensación de seguridade” nos nenos e nenas e nos seus coidadores. Así mesmo, outra falsa crenza é a de que “para aguantar máis” durante un mergullo en apnea, debe “inspirase profundamente varias veces”, algo que, como explican, está “contraindicado, porque pode ter uns efectos fisiolóxicos que alteran os centros receptores respiratorios e provocar a perda da consciencia baixo a auga”. 

Tamén no eido da seguridade, os expertos desbotan a utilidade da urina de doutos “remedios caseiros” fronte a picaduras de medusas, xa que estes “non alivian as molestias e incluso poderían aumentar a descarga de veleno”. Fronte a isto, a recomendación é “limpar os restos da medusa e lavar a zona con auga do mar”, así como solicitar asistencia sanitaria “ante calquera dificultade respiratoria, mareo ou malestar”, sinalan. 

Por outra banda, o artigo pon o foco na idea “estendida a través das redes sociais” de que “a bandeira vermella non afecta a todos os bañistas”, permitindo, por exemplo, a práctica do surf, cando “as competencias sobe a regulación do baño, as sancións e as excepcións dependerán da regulación de cada municipio”, de tal xeito que, salvo “indicación explícita”, é de obrigado cumprimento para todas as persoas. Por último, a décima das falsas crenzas recollidas neste estudo é da que é o principal traballo dos socorristas “é rescatar persoas da auga”, xa que investigacións previas teñen constatado que a súa principal labor é a prevención e que as asistencias na auga só representan o 0,1% das súas accións.

Xunto a Rodríguez e Barcala, asinan este traballo Santiago Martínez-Isasi e Ignacio Muñoz, da Universidade de Santiago de Compostela; Patricia Sánchez, médica da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061; Ismael Sanch, da Universidad Autónoma de Madrid; Verónica Izquierdo, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela; e Silvia Aranda, da Universitat de Barcelona e doutoranda da USC.

FONTE: gciencia.com

#DígochoEu: Así se colocan os pronomes cando hai un 'pero'

 

Atención as explicacións de Esther sobre a colocación dos pronomes cado hai pero.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ITALIA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber…

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal destas é a capital de Italia?

- Milán

- Venecia

- Roma

- Florencia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org e meteoconsult.es

CULTURA E NATURA: UNHA RELACIÓN INDIVISIBLE

 

O seu traballo como informático, encerrado entre as catro paredes dunha oficina, non o facían feliz. Juan Goñi decidiu aos 40 anos dar un envorco radical á súa vida e dedicarse á súa verdadeira paixón: a natureza e os bosques. Desde hai 15 anos traballa como guía de natureza na preciosa contorna natural do Valle de Baztán, no Pirineo navarro. Defínese a si mesmo como “un romántico exaltado e conmovido pola beleza do mundo natural”. Un “conmovido que trata de conmover” aos centos de persoas que guía por “os seus bosques”, como el chámaos. Para el, a natureza ten que ver coa expresión da emoción, coa admiración, a cultura e a espiritualidade: “A natureza, bela como ningunha outra cousa, creou aos seres humanos para amarse a si mesma, porque somos o único ser que pode conmoverse ante a beleza dunha folla ou ao contemplar unha noite estrelada”.

Goñi é guía de natureza, pero tamén poeta e escritor. Os seus libros (‘Os bosques que levo dentro’ e ‘Raíces, trinos e todo o demais’, ambos da editorial Tundra), son un canto á reflexión e ao deleite coa beleza do mundo natural desde a prosa poética. O seu lema: “Coñecer para respectar. Respectar para amar. Amar para defender“. E o seu maior anhelo: sementar unha emoción en cada corazón para que algún día medre un frondoso bosque de amor cara á natureza.