#DígochoEu: Non digas *orinal nin *bacinilla

Recreación da Leviathanochelys aenigmatica
Investigadores do Institut Català de Paleontoloxía Miquel Crusafont, do Museo da Conca Dellà e da universidade checa de Masaryk Brno (MU) describiron na revista Scientific Reports a nova especie de tartaruga mariña de hai uns 83 millóns de anos: Leviathanochelys aenigmatica. O seu nome científico significa "a tartaruga leviatán enigmática", en referencia ao Leviatán unha besta bíblica mariña de enormes dimensións debido ás peculiares características esqueléticas deste animal, que deixou perplexos aos paleontólogos que a escavaron.
"A sorpresa foi maiúscula. O certo é que non son habituais os restos de réptiles mariños nos Pireneos e menos destas dimensións", explica Óscar Castelo, investigador do Institut Català de Paleontologia Miquel Crusafont (ICP) e o Museo da Conca Dellà (MCD), que asina o artigo de investigación. Os restos fósiles deste réptil, do que só se coñece parte do seu caparazón e a pelvis, permiten estimar unha lonxitude total da cuncha de 3,7 metros de longo. Trátase da tartaruga mariña máis grande de Europa e a segunda do mundo, só superada polo xénero Archelon de América do Norte, que medía ata catro metros e medio de longo.
"A morfoloxía dos fósiles tamén era moi curiosa, no proceso de investigación tivemos claro que se trataba dunha nova especie para a ciencia", afirma o paleontólogo. O estudo científico suxire que Leviathanochelys é un dos representantes máis antigos das Chelonioidea, o grupo que inclúe a todas as tartarugas mariñas actuais.
Máis aló das súas colosais dimensións, a nova especie de tartaruga presenta unhas protuberancias na parte anterior da pelvis nunca vistas en ningunha outra tartaruga, nin terrestre nin mariña. O equipo de investigación cre que estas proxeccións óseas, ligadas á musculatura que controlaba a contracción do ventre do animal, poderían participar en funcións relacionadas co sistema respiratorio de Leviathanochelys. As características anatómicas desta nova especie suxiren que tiña un estilo de vida pelágico e era capaz de alcanzar grandes profundidades.
O rexistro fósil dos Pireneos é coñecido mundialmente polos numerosos restos de dinosauros que se escavaron e que permitiu describir novas especies para a ciencia. Nos últimos anos describíronse tres especies únicas destes animais nesta rexión, como son o xigantesco Abditosaurus, un titanosaurio de máis de 15 metros de longo, o diminuto e escurridizo carnívoro Tamarro e o hadrosaurio primitivo Fylax. Estas especies son algúns dos últimos representantes de dinosauros que viviron en Europa hai uns 70 millóns de anos, pouco antes de que se extinguisen por todo o mundo.
FONTE: elmundo.es/ciencia
Desta vez no #ApuntamentoLusófono coñecemos moitas palabras do portugués que en realidade son castelanismos! Sabialo?
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Borneo. Esta illa, a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km², esta situada ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra. Está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur.
E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o volcán máis grande de Asia?
- Sabalán
- Monte Fuji
- Monte Merapi
- Damavand
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org

VERTICAIS: 1. Catón 2. Breca 4. Camberra 6. Corral 7. Veiro.
HORIZONTAIS: 3. Douro 5. Abeaca 8. Abruñeiro 9. Azores 10. Sevilla.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Cada unha das divisións políticas e administrativas en que se divide Suíza 2. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval duns cincuenta centímetros de lonxitude, cor rosada, co dorso máis escuro e ás veces con pequenas manchas azuis e fociño alongado, que ten por nome científico Pagellus erythrinus 4. Capital de Australia 6. Apelido do pintor galego (Ferrol,1889-1976) que deixou unha produción de máis de dúas mil obras, sobre todo de paisaxes e mariñas da súa comarca, con títulos como Mañán de neboeiro, Unha corredoira, Río de Sáa, O Souto…7. Que ten astucia para realizar algo, con intención de enganar e tirar proveito.
HORIZONTAIS: 3. Río que pasa por Zamora 5. Cada unha das dúas pezas do arado de pau que parten desde o rostro, de maneira oblicua, e serven para anchear o suco 8. Arbusto da familia das rosáceas, de ramas e talos espiñentos, follas ovadas alternas, flores brancas e pequenas e froito en drupa arredondada de cor negra azulada e sabor áspero, que ten por nome científico Prunus spinosa 9. Arquipiélago, que sito no Atlántico nordés, é unha rexión autónoma integrada na República Portuguesa, constituído por nove illas principais 10. A Torre del Oro é unha torre albarrá situada na marxe esquerda do río Guadalquivir, na cidade de...
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é China. Segundo os datos de 2021 de WPR, China é o país máis poboado de Asia e do mundo con 1.439.783.686 habitantes. Séguenlle India con 1.380.417.754 e Indonesia con 273.525.568 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a illa máis grande de Asia?
- Taiwán
- Sri Lanka
- Xava
- Borneo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: libretilla.com e es.wikipedia.org Imaxe: hablemosdeislas.com