#DígochoEu: 'O exorcista', en galego
"O exorcista", en galego, dó moito medo!
#DígochoEu
"O exorcista", en galego, dó moito medo!
#DígochoEu

Cogomelos que podemos atopar, pero coidado algúns son velenosos!
Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.
A contestación correcta á pregunta de onte é Venezuela. O Salto do Anxo, e unha ferneza orixinada no Auyantepuy. Está situado no parque nacional Canaima, Estado Bolívar, Venezuela. É un espazo natural protexido, ao ser declarado parque nacional o 12 de xuño de 1962 e Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994, que se estende sobre unha área de máis de 30.000 km² (similar á extensión territorial de Bélxica), ata a fronteira con Brasil e o territorio do Esequibo (actualmente en reclamación).
E imos coa pregunta de hoxe e ultima da serie!

21. O Canal de Panañá é unha canle de navegación que une o Mar do Caribe co Pacífico, pero que lonxitude ten?
- Aproximadamente 50 km
- Aproximadamente 80 km
- Aproximadamente 100 km
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org

A viñeta de Riki Blanco (Barcelona 1978) no xornal El País de onte, é unha verdade, que por desgraza estivo e segue presente, cada vez máis, no noso país.
Xa o decian os vellos, a política é coma o polbo, teñen moitos rabos (tentáculos) que chegan a moitos sitios, oprimindo se fixera falla a quen se poña diante. A independencia de certas xerasquías pola presión dos "lobbies" deforman a realidade.
Así non imos a ningures!

NÍSCALO TRUFA CANTARELLUS
AMANITA COGORDO TRICHOLOMA
COPRINUS BOLETUS CAPUCHINA
CHAMPIÑÓN
Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.
A contestación correcta á pregunta de onte é Arizona. O Gran Canón é unha vistosa e escarpada garganta escavada polo río Colorado no norte de Arizona, Estados Unidos. O Canón está considerado como unha das marabillas naturais do mundo e está situado no súa maior parte dentro do Parque Nacional do Gran Canón. Creado polo río Colorado, cuxa canle socavou o terreo durante millóns de anos. Ten uns 446 km de lonxitude, conta con cordilleiras de entre 6 a 29 km de anchura e alcanza profundidades de máis de 1.600 m. Preto de 2.000 millóns de anos da historia da Terra quedaron expostos mentres o río Colorado e os seus tributarios cortaban capa tras capa de sedimento ao mesmo tempo que a meseta do Colorado elevábase.
E imos coa pregunta de hoxe!

20. O Salto Anxo é a fervenza máis alta do mundo, cunha altura de 979 m (807 m de caída ininterrompida). En que país americano se atopa?
- Arxentina
- Canadá
- Venezuela
- Perú
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: hola.com/Getty Images
Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.
Hoxe, Xosé Miguel Viñas, físico do aire, comunicador científico, especialista en Meteoroloxía, falanos da dinámica das augas oceánicas. En 1993, un cargamento de parruliños de goma abriuse no Océano Pacífico durante un temporal. Miles de parruliños dispersáronse a mercé das correntes oceánicas De forma inesperada, isto permitiu comprender mellor a dinámica das augas oceánicas.
Curioso!
FONTE: rtve