Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XV

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-c, 2-e, 3-a, 4-b, 5-d. Eritrea ten por capital Asmara, Etiopía ten por capital Adís Abeba, Gabón ten por capital Libreville, Ghana ten por capital Acra e Liberia ten por capital Monrovia.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Relaciona as bandeiras co seu país…

- 1                a- Suráfrica

- 2                b- Somalia

- 3                c- Marrocos

- 4                d- Namibia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org    

AS TÚAS RAREZAS, A MIÚDO, SON AS TÚAS MELLORES FORTALEZAS



A maioría das persoas, ao longo da súa vida, acumulan cicatrices e feridas emocionais. Moitas veces ocúltanas, ás veces seguen doendo. Pero o psicólogo Tomás Navarro anima a levalas con orgullo: “Son signos da nosa fraxilidade, pero tamén da nosa fortaleza e beleza: demostran que fomos máis fortes que a adversidade”. Para ilustralo, Navarro baséase nunha centenaria técnica de cerámica xaponesa: o Kintsukuroi. Kintsukuroi é a arte xaponesa de recompoñer o que se rompeu. Cando unha peza de cerámica rompe, os mestres ceramistas repárana coidadosamente, enchendo as súas gretas con ouro. Deste xeito resaltan a súa reconstrución, pero tamén a beleza do que rexorde.

Tomás Navarro defínese como “un psicólogo un tanto atípico”, que ten como obxectivo “poñer a psicoloxía ao servizo do benestar das persoas”. Organiza sesións cos seus pacientes ao aire libre, rodeados do idílico paisaxe das montañas do Pirineo catalán. Alí tamén escribe. Nos seus libros profunda en ideas como aprender a aceptar a imperfección, levar a vida que un quere levar ou fortalecernos emocionalmente para afrontar a adversidade e saír reforzados. É licenciado en psicoloxía, formador, consultor de empresas e coach. Tamén é autor, entre outros, dos éxitos de vendas ‘Fortaleza Emocional’, ‘Kintsukuroi: a arte de curar feridas emocionais’ e ‘‘Wabi sabi: aprender a aceptar a imperfección’. O seu último libro, ‘Pensa bonito’, publicado en 2020, é unha guía para detectar os oito erros de pensamento máis frecuentes que nos impiden ter unha vida máis plena.

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XIV

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-b, 2-d, 3-e, 4-c, 5-a. Angola ten por capital Luanda, Botsuana ten por capital Goborone, Cabo Verde ten por capital Praia, Camerún ten por capital Yaundé e Chad ten por capital Yamena.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Relaciona o país africano coa súa capital...

1. Eritrea                     a. Libreville

2. Etiopía                     b. Acra

3. Gabón                     c. Asmara

4. Ghana                     d. Monrovia

5. Liberia                     e. Adís Abeba

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org    

#DígochoEu: Non digas *sellar

 

Nin *sello nin *sellar. Esquece estes dous castelanismos, que teñen a súa propia forma en galego.

#DígochoEu

AS MELLORES FOTOS ESPACIAIS DO ANO 2022

O Real Observatorio Astronómico de Greenwich acaba de outorgar os premios ás mellores astrofotografías do ano. Son imaxes espectaculares que reflicten múltiples aspectos do universo.

Aquí tes a foto gañadora absoluta do concurso anual do Real Observatorio de Greenwich: Disconnection Event (Evento de desconexión) e o seu autor Gherard Rhemann (Austria).

A imaxe capturou o momento dramático da fragmentación do cometa Leonard. Un anaco do cometa apréciase claramente na cola. O fragmento foi arrincado do corpo principal, sendo arrastrado a continuación polo vento solar. A imaxe tomouse desde Namibia o día de Nadal de 2021.

Para o resto de fotos gañadoras nas distintas categorías preme  AQUÍ.

FONTE: elcomercio.es/ciencia

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXI

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXI

VERTICAIS: 1. Windsor 2. Bocareu 3. Solenoide 4. Canela 7. Arsénico 9. Aceda.

HORIZONTAIS: 5. Tordo 6. Garnacha 8. Fiorde 10. Chernozem.

Máis cultura xeral!

CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XIII

Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sáhara. É o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida), localizado no norte de África, cunha área total de 9.065.000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10.400.000 km2). As fronteiras do Sáhara son: o océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o mar Mediterráneo ao norte, o mar Vermello ao leste e o val do río Níxer ao sur. O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana . A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel encóntrase a rexión chamada o Sudán. O segundo deserto de áfrica, en tamaño, é o Kalahari.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Relaciona o país africano coa súa capital...

1. Angola                     a. Yamena

2. Botsuana                 b. Luanda

3. Cabo Verde              c. Yaundé

4. Camerún                  d. Goborone

5. Chad                         e. Praia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxe: neteacnur.org

#DígochoEu: Non digas *capitana

 

Non digas *capitana. E logo como é o feminino de capitán? Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu